En Marea non consentirá que unha multinacional coa complicidade dun goberno corrupto envelene un dos espazos máis importantes de Galicia

Luís Villares asegura que non se pode consentir que unha mina envelene o río Ulla, do que beben 100.000 mil galegos
Publicado por o día 10/06/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea non consentirá que unha multinacional coa complicidade dun goberno corrupto envelene un dos espazos máis importantes de Galicia

O voceiro de En Marea, Luís Villares, sinalou no comezo da manifestación contra a mina de Touro-O Pino, que se podía consentir unha mina que “envelenará un territorio esencial para o país”. Villares explicou que non se consentirá que “os intereses dunha multinacional coa complicidade dun goberno corrupto estraguen un tesouro”.

Villares sinalou que En Marea non “consentirá que Feijóo envelene a auga do río Ulla, do que beben 100.000galegos”. No mesmo sentido indicou que non se pode permitir que se estrague cunha mina “o camiño de Santiago” e que se envelene “toda riqueza marisqueira da ría de Arousa” para satisfacer os “intereses económicos dunha multinacional e a complicidade dun goberno que non pensa nas galegas e galegos”.

O voceiro de En Marea explicou que “as galegas e galegos téñeno claro e non queren esta mina e o posicionamento de En Marea non pode ser outro que o de estar contra esta mina”, porque non se pode xogar “coa vida e coa auga das galegas e nin Feijóo nin unha multinacional pode roubarnos nin vida nin auga”.