En Marea obtén o compromiso da comisaria de Transporte de que Galicia se incorporará a red europea ferroviara en 2019

Luís Villares, Alexandra Fernández e Lidia Senra reuníronse con Violeta Bulc, quen se interesou tamén pola petición de En Marea de reclemar a conexión ferroviaria con Porto
Publicado por o día 30/05/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea obtén o compromiso da comisaria de Transporte de que Galicia se incorporará a red europea ferroviara en 2019

A comisaria europea de Transporte, Violeta Bulc, comprometeuse con En Marea a que Galicia se conecte coa rede ferroviaria europea en 2019. Luís Villares, Alexandra Fernández e Lidia Senra reuníronse coa comisaria no seu despacho de Estrasburgo, no que Bulc sinalou que a conexión ferroviaria atlántica está incluída entre as prioridades da Comisión Europea.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, considerou satisfactorio o encontro de En Marea coa comisaria europea de Transporte, Violeta Bulc. A comisaria garantizou, na reunión mantida con Villares, Alexandra Fernández e a eurodeputada Lidia Senra, que Galicia quedará incorporada á rede europea ferroviaria a partir do ano 2019. Neste prazo, a Comisión Europea completará o procedemento para que Galicia quede incorporada a este rede. Villares asegurou que a reunión foi satisfactoria porque “a comisaria garantizou esta conexión e porque asegurou que haberá grantías presupostarias para que este infraestructura sexa realizada”.

Tamén apuntou o voceiro de En Marea, que a comisaria recoñeceu o papel que xogado “por En Marea e polos colectivos sociais que protestaron contra a decisión do goberno do PP de que Galicia quedase fóra da rede ferroviaria europea”.

Segundo Villares, a comisaria se comprometeu a “trasladar ao goberno europeo a proposta de incluír a Galicia no corredor ferroviario de mercancías. A comisaria salientou na reunión o papel xogado por En Marea e polos colectivos sociais para que Galicia non quedase á marxe da conexión europea ferroviaria.

Para a deputada no Congreso, Alexandra Fernández, a reunión evidenciou dúas circunstancias, por unha parte “a necesidade de que Galicia fale de primeira man coas autoridades europeas e o desinterés do goberno español do PP por conectar a Galicia con Europa”. Fernández sinalou que a comisaria escoitou con interese a proposta que estaba realizando En Marea e que, ademais da conexión con Europa, “reclama tamén para Galica a conexión sur de Vigo con Portugal porque esa é liña máis importante da Península”.

Alexandra Fernández sinalou que os dous obxectivos da reunión estaban cumpridos: “o primeiro era o compromiso de Europa coa conexión ferroviaria para Galicia e o segundo era traladar de primeira man as necesidades de transporte de Galicia á Comisión Europea”.

Para a europarlamentaria Lidia Senra, unha vez que a comisiaria expresou o compromiso da comisión, “o que agora compre que as autoridades estatais cumpran e axilicen para executar as obras nos prazos que establece o marco de financiamento europeo”.