En Marea pide 31 millóns para o saneamento da ría de Pontevedra-Marín e unha dotación de 1,5 millóns para pantallas acústicas no Porto

A deputada e a senadora de En Marea, Alexandra Fernández e Vanessa Angustia, presentaron as propostas de mellora das dotacións nos Orzamentos do Estado para Marin.
Publicado por o día 07/05/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea pide 31 millóns para o saneamento da ría de Pontevedra-Marín e unha dotación de 1,5 millóns para pantallas acústicas no Porto

A deputada e senadora de En Marea, Alexandra Fernández e Vanessa Angustia, acompañadas do representante do grupo municipal da Marea de Marín, Aarón Franco, explicaron este mediodía as emendas presentadas aos Orzamentos Xerais do Estado 2018 para mellorar as dotacións correspondentes a Marín.

Fernández fixo unha breve avaliación xeral sinalando que os Orzamentos consolidan os recortes para Galicia, “tamén na forma na que se reparten estes recursos, ao destinar o 50% a rematar o AVE a Ourense, o que non se corresponde coas necesidades de Galicia nin tampouco de Marín”.

Ademqis, criticou que a “coalición PP-C,S” están a practicar un debate en bloque das emendas aos Orzamentos, o que se traduce na falta de diálogo sobre propostas como as que nos referimos hoxe, “fóra de que dita coalición está a desmantelar e precarizar o pais. Ciudadanos non ten axenda galega, non ten propostas para Galicia. Só En Marea é a voz de Galicia en Madrid”.

Apostar polo tren de cercanías que beneficiaría a Marín e pantallas acústicas no Porto

No que atinxe ás infraestruturas, constrastaron o modelo do PP, de grandes obras que “sabemos que só benefician a constructoras” coa aposta de En Marea polo tren de cercanías. Así, pedimos 15 millóns para o desenvolvemento da rede de cercanías na área Vigo-Pontevedra que beneficiaría a Marín que así podería acceder a servizos diarios de tren.

Outra das preocupación de En Marea é a desconexión dos portos galegos coa Rede Europea de Mercadorías. Nese sentido, enfatizou a desconexión dos portos atlánticos, os galegos, e a falta de preocupación do Goberno, que non ten ningunha iniciativa  nos Orzamentos para pular polos nosos portos. Fixo alusión á emenda presentada, cifrada en 1,5 millóns, para a instalación de pantallas acústicas no Porto de Marin posto que “os portos deben convivir coa dinámica urbana da vila”. Un problema de contaminación acústica sobre o que En Marea insistiu en varias ocasións no Congreso.

31 millóns para o saneamento da Ría. 

O saneamento da Ría de Pontevedra-Marín e outro dos intereses das emendas: “Temos dúas propostas, un Plan Integral de recuperación da Ría de Pontevedra para o que solicitamos 16 millóns, e o saneamento de Pontevedra-Marín-Poio-Bueu para o que demandamos 15 millóns. Un total de 31 millóns para a mellora da ría”.

Incentivar a pesca artesanal

Tamén son importantes as propostas presentadas por En Marea no ámbito da pesca, especialmente en Marín, para o que reivindicamos un monto de 35 millóns en total para un Plan de Apoio á pesca artesanal, un Plan de Apoio ás comarcas pesqueiras galegas para a diversificación da actividade produtiva e Axudas ao mantemento da frota pesqueira artesanal.

A vaga de lumes que devastou zonas enteiras en Galicia, é tamén obxecto de preocupación de En Marea nos Orzamentos pedindo a implicación do Goberno do estado para “transformar o modelo baseado no monocultivo do eucalipto”.  Plantexamos un Plan de recuperación de zonas forestais afectadas por lunes: 15 millóns, un Plan para a recuperación de ecosistemas destruidos polos incendios: 15 millóns ou un Programa de Axudas para a substitución de cultivos de eucalipto por outras especies autóctonas: 3 millóns.

Rexeneración de Aguete

En canto á rexeneración do litoral, explicaron a necesidade de recuperar a praia de Aguete para a que plantexamos 2,6 millóns e para a ampliación do paseo marítimo entre Agrelo e Lapamán, (Bueu) dotándoo de 90.000 euros.

A senadora  de En Marea resaltou o traballo de coordenación realizado coa Marea de Marín, que posibilitou a plasmación destas emendas.

Ademais, puxo de manifesto que as emendas aos Orzamentos non son “só un conxunto de propostas económicas, senón que son a evidencia dun modelo económico”, sublimando a aposta diversificadora de En Marea en contraposición á falta de modelo do PP.

Indicou que nunha vila como esta que “conta co 18% de desemprego, En Marea ten clara a necesidade de aproveitar os recursos naturais dos que se dispón para dinamizar Marín”.

Tamén aludiu á importancia de revisar a falta de usos que ten a Casa de Aduanas ou a Casa do Mar, dotación estatais, a fin de destinalos a un uso social, e non esqueceu a importancia de resolver a fenda dixital que aínda padece Marín.