A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, diríxese ao Ministro de Fomento para demandarlle que abra unha investigación á compañía aérea Ryanair pola falla de información, a pésima xestión e o lamentábel trato otorgado a miles de persoas afectadas pola folga dos día 25 e 26 de xullo.
En primeiro lugar, deixa claro Alexandra Fernández que o “dereito á folga exercido polo personal de cabina é un dereito incontestábel”. Mais censura a pésima xestión realizada pola dirección da compañía low cost onde primou a falla de información debida aos miles de pasaxeiros afectados, e un trato lamentábel. En concreto, a deputada de En Marea alude ao sucedido a un grupo de viaxeiros cuxo voó desde Bérgamo foi cancelado e Ryanair meteunos nun autobús durante 26 horas continuadas até Vigo.
Viaxe nun autobús non acondicionado
Un caso que exemplifica a mala praxe da empresa. “Os viaxeiros non foron informados en tempo e forma da cancelación do voó. Recibiron un sms nos seus telefones móbeis após de saber que non ían embarcar. O mesmo día 25. As alternativas de Ryanair foron: un voó para o 5 de agosto ou viaxar en bús. Loxicamente, a maior parte destas persoas de vacacións en Italia non podían permitirse alongar tanto a súa estancia. Finalmente foron en bús con menores e sen estar acondicionado para unha viaxe tan longa”.
A parlamentar de En Marea pide a Fomento que realice unha investigación dos feitos, faga un control exhaustivo tanto das codicións laborais do personal como da seguridade. “Esta o Ministerio a facer xestións perante Ryanair en relación ao conflito laboral? Levou a cabo inspecións laborais?”.
Fernández pon de manifesto que os problemas laborais desta compañía aérea no ámbito laboral “son un burato negro que foi obxecto de constantes denuncias, movilizacións, folgas e protestas. Ao igual que en anos anteriores tivo en cuesti´n cuestións de seguridade debido á súa cicatería co combustíbel”.
Para a deputada de En Marea, Fomento “debe levar a cabo unha inspeción polo inadmisíbel comportamento da compañía low cost”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.