En Marea pide á Xunta que reclame para Galicia o centro de alta especialización tecnolóxica de drons do Ministerio de Fomento

Luís Villares considera que a Xunta debería impulsar un sector aeronáutico galego
Publicado por o día 26/05/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea pide á Xunta que reclame para Galicia o centro de alta especialización tecnolóxica de drons do Ministerio de Fomento

Luís Villares visitou en Ourense o Congreso Internacional de Drones de Ourense, (DIC) e pediu da Xunta unha maior claridade no compromiso por parte da Xunta de Galicia con este sector. Luís Villares sinalou  no DIC que era a paradóxica a relación da Xunta co sector en Galicia posto que mentres falaba de querer impulsalo “logo non toma as resolucións propias de querer respaldalo”.

O voceiro de En Marea sinalou dúas das variadas actitudes que demostran que a Xunta non está ofrecendo todo o seu apoio ao sector da aeronáutica galega. Sinalou Villares que  o Ministerio de Fomento “sacou no mes de marzo un plan estratéxico para o desenvolvimento da industria aeronáutica e a Xunta non fixo nin unha soa aportación a este documento, o que parece contraditorio coas declaracións que fai o conselleiro sobre o sector e sobre converter Rozas nun polo especializado no sector”

No mesmo sentido, explicou Villares que o Ministerio de Fomento anunciou a intención de crear un centro de alta especialización tecnolóxica de drons e non vimos que a Xunta tivese intención de reclamalo para Galicia”. Para En Marea “se a Xunta tivese intención real de facer de Galicia un lugar avanzado nesta tecnoloxía aeronáutica en primeiro lugar tería feito achegas ao documento do Ministerio de Fomento e en segundo lugar estaría reclamando que ese centro especializado tivese sede en Galicia”.

Luís Villares reclamou en Ourense que o Ministerio de Fomento entenda que “Galicia ten que ser o lugar no que se instale ese centro de especialización de drons”. Tamén lle pide a Xunta que xa que non “participou no documento do ministerio agora reclame ese centro para Galicia”.

Villares lembrou que estas medidas teñen que ir acompañadas polo cumprimento por parte da Xunta das medidas anunciadas para Rozas. “Trátase de que a Xunta cumpra a palabra e converta Rozas nun auténtico polo de desenvovimento e que sirva para poñer en marcha unha auténtica industria aeronáutica galega”.