En Marea pide no Congreso ao Ministerio de Transición Ecolóxica que colabore na necesaria limpeza do encoro de Eiras

A deputada Alexandra Fernández pon de manifesto que non se fixeron investimentos de mantemento e conservación do encoro que abastece de auga a Vigo durante máis de catro décadas..
Publicado por o día 03/07/2018 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea pide no Congreso ao Ministerio de Transición Ecolóxica que colabore na necesaria limpeza do encoro de Eiras

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar dirixida ao Ministerio de Transición Ecolóxica para demandarlle que coopere nas actuacións de limpeza no encoro de Eiras debido á acumulación durante décadas de sedimentos.

A deputada de En Marea explica que a falta de investimentos na conservación e mantemento do encoro ten un impacto na calidade da auga. “Coñece o Ministerio o problema de acumulaciónde sedimentos que sofre Eiras que abastece de auga ao concello de Vigo e tamén a Porriño? Non cre que debería procederse a facer un labor de limpeza?”, son algunhas das preguntas que dirixe ao Goberno.


Urxe a rexeneración de Eiras.

Fernández lembra que este encoro foi construido ao amparo da Resolución da Direción Xeral de Obras Hidráulicas, publicada en agosto de 1962 e cunha capacidade de 60 hectómetros cúbicos de auga procedente do río Oitavén. Segundo o Ministerio, a capacidade actual do encoro é de 22 hectómetros cúbicos. “Resulta alarmante que a capacidade se teña reducido en case dúas partes en catro décadas. Comparte o Ministerio que habería que amplialo?”

Advirte a parlamentar de En Marea sobre as consecuencias desta situación. “Ten efectos sobre a calidade da auga. Ademáis, de non terse rebaixado a capacidade do encoro polos lodos acumulados, non se tería afectado á redución do 10% pola seca. Outra das consecuencias é a alteración medioambiental e ecolóxica. A vaga de lumes de 2017 produciu un arrastre de terra calcinada que rematou nos ríos que sumiistran auga”.

Para En Marea “é fundamental que se chegue a un acordó entre as distintas administracións implicadas para analizar o alcance real da acumulación dos sedimentos, e unha vez feita a rexeneración, cecáis sería oportuno ampliar a capacidade de almacenamento”.