En Marea pide no Congreso unha “prórroga aos contratos de aluguer para as veciñas de A Patiña”

Publicado por o día 03/11/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea pide no Congreso unha “prórroga aos contratos de aluguer para as veciñas de A Patiña”

O voceiro de Marea, Antón Gómez-Reino, a deputada Yolanda Díaz, e o deputado Rafael Mayoral, presentaron no Congreso unha batería de preguntas e unha proposición non de lei relativa á negociación dunha prórroga aos contratos de aluguer social das vivendas dos veciños e veciñas do edificio de A Patiña, en Cambre (A Coruña).

A obxectivo da iniciativa é instar ao Executivo a negociar a prórroga dos contratos de aluguer social dos veciños do edificio da Patiña “mantendo as condicións previas en canto a prezos accesibles e obrigacións no mantemento de instalacións e equipamientos”.

Ademais, pídese “dar unha solución habitacional estable e digna aos veciños deste inmoble, con garantías de mantemento dunhas condicións axeitadas en canto a prezos, accesibilidade, mobilidade e habitabilidade”.

O edificio da Patiña aloxa a medio centenar de familias en situación de severa de vulnerabilidade social e económica.

“Neste edificio atópanse familias con escasos ingresos económicos e en risco de pobreza. Precisan unha solución urxente”, explicaron os deputados.