En Marea pídelle a Baltar que decida se apoia á cidadanía de Ourense ou a Núñez Feijóo e aos seus recortes sanitarios na provincia

Luís Villares solicita que o Presidente da Deputación dea un paso adiante como deu a xente e apoie a manifestación en defensa da sanidade pública deste domingo en Santiago de Compostela.
Publicado por o día 07/02/2020 na sección de En Marea,Política

En Marea pídelle a Baltar que decida se apoia á cidadanía de Ourense ou a Núñez Feijóo e aos seus recortes sanitarios na provincia

O voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou esta mañá o “maltrato sanitario” ao que Feijóo está sometendo a toda Galicia, pero especialmente á provincia de Ourense, onde a atención primaria está sendo desmantelada de xeito absoluto, non se cobren as baixas nin ao persoal con algún tipo de permiso.

A situación agudízase especialmente no rural ourensán, especialmente nos hospitais comarcais de Verín e do Barco, onde a xustiza, neste último semestre, anulou ata en 5 sentencias o sistema ilegal que na cobertura de gardas pediátricas e onde non existe a fisioterapia. En Verín, a pesar de que a presión cidadá levou a reposición do servizo de paritorio existen carencias de carácter material e necesitan desde a propia incubadora ata servizos esenciais como o de traumatoloxía, radioloxía ou dixestivo.

Pero o “maltrato sanitario” que denuncia Luís Villares non se limita unicamente a atención primaria nin tampouco á provincia de Ourense, “xa que esta mesma semana toda a zona das Pontes quedou sen servizo de pediatría e en Cee a semana pasada vimos como queda sen cubrir o traslado do persoal a Verín, deixando sen o servizo a toda a Costa da Morte”. O voceiro recalcou que tamén atención especializada nos hospitais comarcais está sufrindo un deterioro progresivo, “vímolo no hospital do Barco, onde a veciñanza saíu a rúa a pedir que se faga o ansiado centro médico e se recuperen especialidades para o hospital do Barco”.

En Marea denuncia que estas políticas destinadas a centralizar os servizos nas capitais de provincia son, ademais de nun estrangulamento do medio rural, tradúcese nunha deriva cara a sanidade privada dos servizos que a pública non pode atender como consecuencia desa concentración: “temos unha dobre variable, recortes e privatización para beneficio duns poucos”.

Villares recordou que En Marea participará da manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar este domingo en Santiago de Compostela ás 12h do mediodía e que En Marea apoia, e aproveitou a ocasión para animar a cidadanía de Ourense a facer o mesmo, a que se volva a mobilizar activamente como fixo durante eses meses na defensa dos servizos esenciais, como é o servizo de paridoiro de Verín: “É o momento de darlle a volta a isto, é o momento de rematar cunha década ominosa de Feijóo na Xunta de Galicia. A xente xa está farta, incluso moita xente que no seu día votou ao Partido popular está moi decepcionada. A toda esa xente a chamamos a participar o domingo”.

Ademais, o voceiro solicitou tamén o apoio do Partido Popular de Ourense, ante unha emerxencia sanitaria e ante a privación de servizos básicos a súa cidadanía: “Quero preguntarlle a Baltar, se está conforme co desmantelamento do que acabo de falar nos hospitais comarcais e na atención primaria que lle leva dispensando Núñez Feijóo ou vai dar un paso ao fronte á hora de defender os servizos sanitarios nesta provincia. Con quen está Baltar, coa cidadanía de Ourense ou co Partido Popular? As dúas cousas á vez e imposible, polo tanto, pedímoslle que dea un paso adiante do mesmo xeito que o deu a cidadanía.”

Por último e on certa ironía Villares festexou que esta noite Lucía e Kevin desafiasen a Núñez Feijóo e nacesen en Verín sen o seu consentimento : este é o camiño, a rebeldía fronte as decisións inxustas da Xunta de Galicia”.