En Marea Ponte Caldelas defende como eixo da súa proposta ás eleccións municipais “a política social e artellar solucións ás inquedanzas da veciñanza do concello”

“O obxectivo é defender os intereses dende a xenta e para a xente”, sinalou Roi Márquez, número un á alcaldía da marea do concello pontevedrés durante a presentación da candidatura ás eleccións municipias, que contou coa participación da candidata de En Marea ao Parlamento Europeo, Lídia Senra
Publicado por o día 04/05/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea Ponte Caldelas defende como eixo da súa proposta ás eleccións municipais “a política social e artellar solucións ás inquedanzas da veciñanza do concello”

“Este é un proxecto que abarca non só a Ponte Caldelas, senón tamén a todos os pobos veciños, a toda a comarca”, dixo este mediodía Roi Márquez, número un á alcaldía do concello pontevedrés durante a presentación da candidatura ás eleccións municipais, nun acto que tivo lugar na discoteca Reivi da localidade.

A presentación contou, ademáis de coas integrantes da lista da candidatura para os comicios do vindeiro 26 de maio, coa candidata de En Marea ás eleccións europeas, Lídia Senra.

“A política social, e artellar solucións ás inquedanzas da veciñanza de Ponte Caldelas son os eixos cos que agromou esta marea. Faremos política dende a xente e para a xente”, incidiu Roi Máquez nun acto que foi presentado pola integrante da marea Gañemos Vilanova Adela Vidal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.