En Marea pregunta ao Goberno polo dispositivo pola vaga de lumes

Publicado por o día 06/10/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea pregunta ao Goberno polo dispositivo pola vaga de lumes

A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, rexistrou varias preguntas no Senado para coñecer o dispositivo que levará a cabo o Goberno ante os lumes

“Cales son os dispositivos estatais despregado e con capacidade de actuación durante este mes de outubro, xa fóra da campaña de verán, en Galicia?”, pregunta a senadora.

Angustia pregunta ao Executivo se houbo algún traslado ou actuación da UME en territorio galego para atender emerxencias forestais e se prevé aplicar algunha política de prevención “para cambiar un sistema enfocado á cobertura de emerxencias exclusivamente”.