En Marea pregunta ao Goberno polo expediente sancionador a un militar en activo por firmar un manifesto contra Franco

Publicado por o día 08/02/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea pregunta ao Goberno polo expediente sancionador a un militar en activo por firmar un manifesto contra Franco

O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, rexistrou unha batería de preguntas ao Goberno relativas á apertura dun expediente sancionador a un militar en activo por firmar un manifiesto contra Franco.

“Considera o Goberno que unhas forzas armadas democráticas poden defender a figura do dictador Francisco Franco?”.

O pasado verán, en resposta ao manifesto de apoloxía da figura militar de Franco e xustificación do golpe de xullo de 1936 que subscribiron 144 altos mandos do exército, a maioría retirados, outro grupo de militares mostrou a súa disconformidade a través dunha declaración pública na que expresaban a súa “repulsa máis absoluta” cara ao dictador.

Entre os firmantes do manifesto antifranquista, promovido polo capitán de navío retirado Arturo Maira, figuraban exmembros da Unión Militar Democrática (UMD), como o coronel Restituto Velero, e xerais xubilados como Alberto Piris ou o exjefe da cúpula militar, Xulio Rodríguez. Tamén a nove militares en activo: un subtenente, catro cabos e catro gardas civís. A todos abríronselles expedientes informativos que, polo menos nun caso, desembocaron na apertura dun expediente disciplinario.

“Considera o Goberno que se pode esixir aos militares que sexan ‘neutrais’ respecto da figura histórica do ditador Francisco Franco?”, sinala o deputado.

Ademais, En Marea quere saber a cantos se elles abriu expediente disciplinario e cantos resultaron sancionados tanto polo manifesta en defensa da ditadura franquista como no que se firmou en repulsa da xustificación do golpe.