En Marea pregunta por que a Xunta non intervén no conflicto laboral de Babcock para protexer á plantilla

Paula Quinteiro reuniuse cos traballadores de Babcock trala pregunta á conselleira sobre a situación da empresa e o conflicto aberto coa plantilla
Publicado por o día 12/06/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea pregunta por que a Xunta non intervén no conflicto laboral de Babcock para protexer á plantilla

En Marea esixiulle á Xunta que solvente dunha vez os problemas que padece o Servizo de Salvamento Martítimo tras coñecerse que a actual concesionaria, Babcock, rebaixou un 13% no bruto anual salarial. Por conceptos, a rebaixa salarial chega ata o 30%. Paula Quinteiro preguntou no pleno do Parlamento de Galicia que é “inaceptable que unha empresa con beneficios millonarios rebaixe o salario dos traballadores sen ter en conta as circunstancias do traballo da plantilla”.

Desde En Marea preguntouse á conselleira se “ten pensado tomar algunha medida para solucionar unha situación que prexudica aos traballadores e ao servizo fundamental que prestan”. Paula Quinteiro desmentiu no pleno a afirmación da Xunta de que este era un conflito “alleo ao goberno galego” porque segundo explicou a deputada “a Xunta ten a obriga de esixirlle á empresa que non leve adiante estas medidas posto que esta empresa leva anos cobrando millóns de euros dos orzamentos da Xunta de Galicia”.

Quinteiro sinalou na súa intervención que os traballadores de Babcock “viven en condicións precarias, que fan demasiadas horas e que ven como se incumpre de maneira permanente os pregos de condicións”. Quinteiro apuntou tamén que a plantilla leva tempo “co salario conxelado e agora se encontran cunha ameaza dunha grandísima reducción do seus salarios”.

Para a deputada a xestión desta empresa, que cambia de nome pero que é a mesma ano tras ano, foi “nefasta”, “recibiron de saldo os helicópteros pola metade do que custaron, pero a Xunta nin reduciu custes, nin rematou co monopolio, nin mellorou a xestión”. Engadiu que o servizo só resiste polo sacrficio dos traballadores mentres que a empresa “leva moita tempo demostrando que non se preocupa de dar un servizo de calidade, que só está preocupada polo beneficio”.