En Marea presenta aos integrantes da nova Coordinadora das Mareas

Por o 13/01/2019 | Sección: En Marea,Política
En Marea presenta aos integrantes da nova Coordinadora das Mareas

Esta mañá tivo lugar a presentación da nova Coordinadora de En Marea despois dun intenso debate nos últimos quince días nos que se traballou na distribución das distintas responsabilidades de cada un dos integrantes. O voceiro, Luís Villares, destacou a maior implicación dos membros do Consello no traballo diario de En Marea como primeira prioridade e nun segundo lugar relanzamento dos espazos de traballo, as mareas sectoriais, para que todos os inscritos podan participar activamente do traballo político de En Marea. A primeira mostra disto é a celebración das primeiras xornadas sobre o dereito a unha vivenda digna que se están a celebrar hoxe en Santiago de Compostela.

“O desexo político desta dirección xa constituída é dedicarnos a falar e traballar nos problemas que ten a cidadanía de Galicia neste momento, entre eles garantir o acceso a unha vivenda digna” afirmou Villares. O voceiro fixo mención ao aumento dos prezos de aluguer rexistrados nos últimos anos superior ao 16 por cento e aumento do número de desafiuzamentos por no poder pagar o aluguer mentres que no resto do Estado produciuse un descenso. “A nosa mocidade non pode emanciparse do fogar dos seus pais e nais ata que teñen unha media de 31 anos, e a maternidade retrasase tamén ata pasada esta idade. A precariedade, a diferencia salarial entre homes e mulleres, imposibilidade de conciliación son algúns dos problemas aos que se enfronta a día de hoxe a nosa cidadanía” asegurou Luís Villares.

“O goberno de Núñez Feijóo dedicouse a acabar co dereito a unha vivenda digna desde que chegou ao goberno. Agora mesmo incluso temos unhas contías raquíticas e insuficientes nos orzamentos en materia de vivenda” afirmou Villares. Así mesmo, quixo denunciar de xeito especial a insuficiente contía destinada ao financiamento de aluguer para mulleres vítimas de violencia de xénero totalmente insuficientes.

Unha xornada das que se sacará unhas conclusións que En Marea levará aos distintos concellos onde goberna e tamén a aqueles nos que esta na oposición para presentar unha alternativa real de cambio ante as vindeiras eleccións municipais, e tamén as diferentes institucións de Galicia como o Parlamento de Galicia para ofrecer á cidadanía unha alternativa a un problema básico.

A catro meses das eleccións para a nova executiva de En Marea é fundamental que as diferentes mareas municipais teñan o apoio de En Marea para lograr os mellores resultados. “Estamos comprometidos co país e tamén co cambio político que supón En Marea no espazo municipal” asegurou o voceiro de En Marea quen anunciou a aprobación dun plan nesta liña que será presentado nos vindeiros días.

Coordinadora de En Marea

  1. Luís Villares                                         Relacións internacionais
  2. Ana Seijas                                            Organización territorial e municipalismo.
  3. Mariló Candedo                                    Relacións interinstitucionais
  4. Moncho Veras                                     Comunicación
  5. Elena    Cores                                      Loxística, produción e coidados
  6. Adrián Dios                                         Finanzas e transparencia. Área de Mocidade.
  7. Peque González                                  Coordinación de mareas sectoriais
  8. Mónica Díaz                                       Relacións cos movementos sociais e sindicatos
  9. Xoán Losada                                      Organización territorial e municipalismo.
  10.  Xoán Hermida                                   Análise política e estratéxica
  11.  Beatriz Gómez                                  Feminismo

Comentar noticia

Your email address will not be published.