En Marea presenta no Congreso unha Lei que sanciona o fraude e a temporalidade irregular no emprego

O texto da Proposición de Lei castiga coa nulidade a contratación temporal irregular, de xeito que a empresa tería que readmitir ao traballador ou traballadora despedida, e pagarlle os salarios de tramitación.
Publicado por o día 29/06/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea presenta no Congreso unha Lei que sanciona o fraude e a temporalidade irregular no emprego

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, xunto con varios deputados e deputadas do Grupo Confederal Unidos Podemos- En Comú Podem-En Marea e o Catedrático de Dereito do Traballo da Universidade de Castela a Mancha, Antonio Baylos e a Profesora titular de Dereito do Traballo da mesma Universidade, Amparo Merino, presentaron este venres a Proposición de Lei contra a precariedad e pola estabilidade no emprego.

Díaz destacou que esta lei responde “ao principal problema do noso país: a seguridade. Isto ten que ver co dereito do traballo, as condicións no emprego e a calidade dos servizos públicos”.

A iniciativa do grupo confederal suscita reforzar a causalidade da contratación temporal. Só poderá realizarse un contrato de traballo de duración determinada por razóns de carácter produtivo e organizativo. Suprímese o contrato de obra ou servizo, que funcionou históricamente como a canle principal para a fraude na contratación temporal, e prohíbese a vinculación do contrato de traballo á duración dun servizo, contrata, campaña ou concesión pública.

Por outra banda, o texto establece con carácter xeral a indemnización para o traballador de 20 días por ano traballado á finalización do contrato temporal, e prohíbese expresamente facer coincidir a finalización de contrata de servizos coa relación laboral temporal.

Outra medida contemplada é o límite temporal que será de seis meses en caso de contratación de duración temporal por causas produtivas ou a inclusión dunha cláusula anti-concatenación de contratos temporais nunha mesma empresa para evitar a unión de contratos temporais pola mesma persoa (ou unha persoa distinta).

Desta forma, os traballadores/as que nun periodo de trinta meses estivesen contratados/as durante un prazo superior a vinte e catro meses para o mesmo ou diferente posto de traballo coa mesma empresa ou grupo de empresas, mediante dúas ou máis contratos temporais, directamente ou a través de ETT´s, adquirirán a condición de fixos.

Díaz sinalou que se trata dunha lei “que cambia o paradigma da explotación laboral neste país”, pero ademais “engade un enorme impacto de xénero, porque revierte a situación que padecen as mulleres no traballo, pero tamén para os mozos e os parados”.

Á súa vez, esta lei sanciona coa nulidade a contratación temporal irregular, de xeito que a empresa tería que readmitir ao traballador ou traballadora despedida como empregado fixo, e pagarlle os salarios de tramitación.

Posto que gran parte da fraude atópase na contratación a tempo parcial, elimínase a configuración do contrato a tempo parcial como un “contrato a chamada”. Deste xeito, obrígase a establecer por contrato o horario de traballo, elimínase a posibilidade de facer “horas complementarias” por encima dese horario, obrígase a retribuir os excesos de xornada como horas extraordinarias de realización voluntaria e prohíbese a distribución irregular da xornada.

As empresas deberán ter un rexistro diario da xornada con indicación de hora de entrada e de saída, que será de libre acceso ás persoas traballadoras e os seus representantes e deberá estar a disposición da Inspección no centro de traballo. Así mesmo, dótase de maior poder á Inspección de Traballo para o control tanto dos contratos temporais como de horarios no tempo parcial.

A lei redefine o contrato fixo-discontinuo, como alternativa de traballo estable fronte ao contrato temporal, para a realización de actividades estacionales ou vinculadas a campañas e que son previsibles dentro da actividade normal da empresa. Así, a empresa está obrigada a elaborar un censo das persoas que deben ser chamadas, recoñécese o dereito do traballador/á o chamamento de acordo a unha orde obxectiva, a falta de chamamento na forma establecida considerarase despedimento tácito e prohíbese a contratación de temporais ata que se esgote o censo.