En Marea presenta o seu programa, unha ferramenta viva en proceso de construción continua da man da cidadanía que faga realidade a democracia e devolva a soberanía á cidadanía

Publicado por o día 05/12/2015 na sección de En Marea,Política

En Marea presenta o seu programa, unha ferramenta viva en proceso de construción continua da man da cidadanía que faga realidade a democracia e devolva a soberanía á cidadanía

Os candidatos e candidatas de En Marea presentaron os distintos bloques incluídos neste documento que está á disposición da cidadanía a través da web de En Marea para continuar co proceso de construción aberto e transparente.

En Marea presentou esta mañá o seu programa en Santiago de Compostela nun acto no que participaron os candidatos e candidatas das catro circunscricións. Un programa que expresa o que nos une e que nace da escoitar á cidadanía. O coordinador de programa de En Marea, Gonzalo Rodríguez, explicou que “non se trata dun programa como un contrato pechado, o noso é unha base para seguir desenvolvendo coa cidadanía para que sexa á xente a que decida e valore cada un dos puntos”. O programa de En Marea trátase polo tanto dun documento aberto e en construción continua que desde mañá estará publicado na propia web de En Marea (www.enmarea.gal) para continuar este proceso de participación coa cidadanía de xeito aberto e transparente.

Descargar (PDF, 224KB)

O número 1 de En Marea por A Coruña, Antón Gómez-Reino, foi o encargado de presentar o bloque adicado a “Estado social. Temos Dereito”. Un apartado no que se engloban ideas fundamentais para En Marea como é o rescate ás persoas. Colocar sempre ás persoas do común por diante da economía ou débeda é o compromiso de En Marea. Derogar artigo 135 da Constitución e construír un artigo á inversa que asegure e consolide gasto público e social. “Todo o que ten que ver con política social, dereitos sociais deben estar recollidos constitucionalmente” afirmou Antón Gómez.

“Non pode ser que máis do 50 por cento da poboación estean nunha situación que non teñen os mesmos dereitos, mesma retribución, ou que estean baixo a ameaza da violencia machista. Hai que levar todo a unha responsabilidade colectiva que abarque todos os ámbitos” declarou o cabeza de lista pola Coruña de En Marea. Crear unha fiscalidade, xusta, solidaria e repartida. Para iso é preciso deseñar un sistema fiscal diferente, inverter o actual para que as maiorías sociais sexan os que máis reciben e os máis privilexiados, os menos, os que máis aporten.

Atacar fraude fiscal, corrupción, e paraísos fiscais ou crear unha taxa que regule os grandes movementos financeiros son algunhas das propostas de En Marea. A loita por un traballo digno entendida como un dereito real. Aumentar o persoal e recursos destinados a políticas sociais aumentar persoal e recursos para camiñar cara unha sociedade máis solidaria é unha sociedade máis moderna e eficaz.

Educación como investimento de futuro. Ensino público, laico e de calidade que traballe a cuestión de igualdade, igualitario. Abrir modelo educativo máis doada integración de pais e nais en todos os ámbitos, educación máis participativa, máis nosa.

Fortalecer a sanidade pública, eliminando os copagos, e facendo pública toda a cadea tanto sanitaria como farmaceútica.

Dereito a unha vivenda digna. Non podemos permitir que sexa máis doado botar a unha familia da casa que garantir o acceso á vivenda. Protexido e con mecanismos e regulación como fan as mareas municipais, para facer efectivo este dereito ao acceso á vivenda.

A número 2 de En Marea por Ourense, María Sofía Díaz, centrouse na defensa dos recursos e do ben común. “En Marea nos comprometemos para mudar este proceso de destrución que impón un sistema inxusto camiñar cara un modelo xusto respectuoso co medio ambiente e as persoas. Economía inclusiva. Para iso En Marea aposta por unha economía inclusiva que manteña un rural vivo e unha soberanía alimentaria. Reparto xusto coa cota pesqueira. Por unha banca pública ética. E cunha planificación e ordenación axeitada e pensada para Galicia.

A enerxía é outro dos temas importantes a mudar buscando unha enerxía para vivir. “Galicia ten que ser dona da enerxía que produce. Sistema capitalista xera pobreza e impide que podamos xerar enerxía máis xusta” denunciou a número 2 por Ourense.

Ter presente e por en valor a riqueza do noso. Do colectivo autónomo, do comercio de proximidade, no pequeno, ecolóxico no medio ambiental e social. Rematar privilexios de grandes superficies. Banca pública que beneficie aos pequenos, consumo responsable.

O bo trato á natureza e o benestar animal resulta fundamental. Así é preciso pensar no auga ben público, e para iso En Marea comprométese a reverter os procesos de privatización en marcha. Retirarase o canon da auga. Recuperación integral das nosas rías onde se demostra pola catastrófica situación na que se atopan que os cartos dos fondos europeos non se investiron no que debían. A nosa terra a nosa sociedade non será xusta se non acabamos co maltrato animal, e por suposto acabar coa a consideración das touradas como patrimonio natural.

A vertebración do noso territorio. O próximo é o esencial, infraestruturas a disposición das persoas. Ferrocarril público, transporte público en xeral, infraestruturas verdes.

Alexandra Fernández, número 1 En Marea Pontevedra centrouse no rescate da democracia e os dereitos humanos. “Temos que inventar novas ferramentas elaboradas en código aberto, un diálogo aberto e continuo, unha viaxe de ida e volta constante. A democracia actual ten as súas limitacións e temos que camiñar cara unha democracia na que a participación cidadá sexa unha realidade” asegurou.

Os dereitos humanos, apostando cunha cidadanía libre sen exclusións. Unha administración aberta entendida como unha ética contra os privilexios duns poucos e os abusos contra os recursos públicos. Garantir o dereito á cultura e o acceso en igualdade de condicións. E a soberanía cidadá empoderando cidadanía, facilitación voto extranxeiro,  iniciativas lexislativas populares, consultas…

O número 1 En Marea Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, falou do proceso constituínte. Galicia como suxeito político e soberanía cidadá. “Defendemos que a cidadanía, o pobo é quen debe adoptar todo tipo de decisións, consultas ou referendo. Non poden ser os grandes grupos financeiros nin grupos de poder os que tomen decisións desprezando canles democráticas existentes. Eliminar trabas ILP e procesos de consulta cidadá. Debe ser un puro exercicio” aclarou Fernán-Vello.

Proceso constituínte. Pobo galego debe ter dereito a participar e precisa o recoñecemento do carácter nacional de Galicia como un suxeito que ten dereito a decidir sobre o seu futuro e autodeterminación. A cidadanía ten dereito en participar en todo proceso de configuración política que lle afecte e Constitución carece destes mecanismos. Queremos cambiar todo isto. Rexenerar institucións democráticas recoñecendo as diferentes nacións e garantir calquera proceso constituínte de xeito democrático. Incluír a riqueza e pluralidade lingüísticas nas institucións do Estado. Solidariedade interterritorial garantir a igualdade, asumir custes de servizos que permitan esa igualdade.

No tocante a política exterior,  temas tan importantes como a solidariedade, a paz e cooperación para o desenvolvemento. “A paz entendida non só como ausencia de guerra senón un proceso activo contra a miseria, as desigualdades, a explotación. Cumprimento resolucións sobre Sahara, Palestina…  políticas de fondo contido democrático e inquebrantable compromiso de carácter humanista” concluíu Fernán-Vello.

O número 3 por A Coruña, Xaime Subiela, rematou a presentación anunciando o canle de participación que se abrirá a partir de mañá na web de En Marea onde  a cidadanía está chamada a participar e sumar. “A democracia exercese día a día. Tamén no que ten que ver coa construción das ideas. Un proceso que implique a nosa base. Un proceso que non comeza aquí ben de moi atrás, ben de abaixo e serve para o futuro. Unha condensación de ideas ven do mundo das mareas, do movemento social. Estrutura non é a habitual dos programas clásicos, porque entendemos que o programa debe ser ferramenta para a participación social, ideas pensadas para o debate e para o debate” explicou.

Así o programa será accesible a través do portal de En Marea (www.enmarea.gal) onde se podan facer comentarios críticas, valorar as propostas. Proceso continuo, unhas ideas que son un compromiso ao que nos comprometemos pero como elemento dinámico como á sociedade e a vida mesma. En Marea entende así a participación como exercicio de intelixencia colectiva, e a democracia entendida como o que nos vincula coa cidadanía á que nos debemos. “Este programa ten tamén a misión tamén de rendición de contas” concluíu Subiela.

En Marea presenta así o seu programa como un proceso en construción da man da cidadanía no que todos e todas sexamos os que decidamos cada un dos pasos a dar, o noso futuro e todo o que nos afecte no noso día a día.

PRENSA EN MAREA