En Marea presenta un conxunto de medidas para acabar coa violencia machista e ampliar a igualdade

Paula Vázquez Verao condenou o novo crime machista de Valga e respaldou as actividades sobre a emerxencia feminista
Publicado por o día 16/09/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea presenta un conxunto de medidas para acabar coa violencia machista e ampliar a igualdade

Paula Verao anunciou esta mañá que En Marea participará da convocatoria  das concentracións feministas declarando a “emerxencia feminista” e confirmou que neste período de sesións a presentación de iniciativas na procura da igualdade será aínda máis protagonista no traballo político da formación. Neste punto lamentou e condenou o novo crime machista cometido en Valga, que deixa tres novas vítimas mortais “nunha lista que non debería existir”.

Precisamente para que escenas como estas desaparezan do día a día da nosa sociedade a deputada solicitou que o goberno galego exerza verdadeiramente as súas competenciasen Emprego e loite eficazmente contra a fenda salarial de xénero pois “persisten as mesmas debilidades estruturais do mercado laboral, especialmente para as mulleres: menor taxa de actividade, máis paro, maior temporalidade. Os datos son demoledores, das persoas que traballan a tempo parcial, 77% son mulleres”

Todos estes factores, unidos ás diferencias en complementos, redundan na diferencia salarial media entre homes e mulleres que, segundo os datos do INE (Encuesta Anual Estructura Salarial, 2017), se sitúa en 5.488,11 €. A mediana de ingresos reflexa  que o salario máis habitual das mulleres galegas en 2017 foi de 15.970,06 €, fronte aos 20.715,71 € dos homes,  Son 4.745 € menos e vemos que falamos de salarios baixos no seu conxunto. A situación é dramática se tomamos os salarios máis baixos: neste tramo de ingresos, a diferencia salarial é de 5.782 €, as mulleres teñen unha diferencia salarial de practicamente o 50%.As mulleres en 2017 gañamos, de media, só o 77,4% dos homes”.

No caso das mozas, a situación é todavía máis precaria, constituíndo  un dos factores esenciais no atraso da idade de maternidade, máis tendo en conta que esta e a crianza seguen penalizando na carreira laboral. Paula Verao deixou claro que o seu grupo parlamentar insistirá nas medidas xa presentadas: mesa de negociación entre patronal e sindicatos para reducir a fenda salarial e elevar os salarios galegos, estudo minucioso sobre a situación laboral das mulleres galegas e divulgación do mesmo, valorización do traballo de coidados, plan de igualdade no emprego en Galicia, que substitúa ao Plan Emprega en Feminino. Para iso e imprescindible que contar con dotación económica suficiente para poder elaborar, en conxunto con patronal e sindicatos, cláusulas de contratación pública que garantan a non contratación por parte da Xunta de Galicia con empresas que profundizan na fenda salarial entre homes e mulleres”.

A IMPORTANCIA DA CONCILIACIÓN E DA CORRESPONSABILIDADE

O 87% das persoas inactivas que se dedican ao coidado de menores ou persoas dependentes son mulleres; tamén son mulleres o 77% das persoas traballadoras con redución de xornada por coidado de menores de 12 anos, ou o 91,6% das que se acolleron a unha excedencia por coidado das crianzas. Son mulleres o 71,2% das persoas que reduciron ou suprimiron o traballo remunerado por coidado de peroas dependentes, como o 56,8% das que empregaron fórmulas de flexibilización da súa relación laboral. As mulleres adican 4 horas e 38 minutos ao traballo no fogar, en tanto que os homes apenas chegan a 2 horas e 21 minutos. Resulta evidente a necesidade de aumentar o investimento en servizos públicos de Benestar.

Feijóo saca peito agora insistindo en que non vai recortar, a realidade é que a galega foi a Administración pioneira nos recortes”.Un estudo recente indica que Galicia é unha das Comunidades Autónomas que non recuperou o gasto social en Sanidade, Educación e Servizos Sociais previo á crise, sendo aínda un 3,7% inferior. En Sanidade o gasto situouse no 2018 en 3.858 millóns, isto é, 80 millóns de euros menos que no ano 2009. En educación, o gasto foi de 2.262 millóns no ano 2018, isto é, 181 millóns por debaixo do gasto previo aos recortes. En Servizos Sociais, o gasto é de 5 millóns de euros inferior e no correspondente ao gasto no resto de políticas, este sitúase en 584 millóns de euros menos do gasto previo aos recortes.)

Un dos eixos esenciais é a implantación dunha rede de ensino infantil 0 a 3 anos, sen esquecer que na conciliación hai que mudar o actual réxime de horarios e usos do tempo: proporemos tamén medidas no eido educativo, con respecto á presenza da educación afectivo sexual no currículo dende a infancia. O acceso temperán de adolescentes e infancia á pornografía, en ausencia de educación sexual, é un cóctel que está – entre outros factores – na orixe do aumento do machismo entre a mocidade. Debemos garantir a educación sexual no Ensino público dende a infancia, retomar a rede galega de centros de orientación afectivo-sexual tal como fora concibida, contar coa figura de Educadores/as Sociais no Ensino e insistir na promoción de programas de educación afectivo-sexual nos medios públicos de comunicación social, polo que proporemos á CRTVG un programa televisivo en horario de máxima audiencia adicado á educación afectivo sexual da mocidade”.

Outras medidas serán reforzar a loita contra a violencia machista con máis fondos para os programas municipais de sensibilización e prevención, a visibilización das mulleres e loita contra a precaridade laboral no mundo da Cultura, o reforzo das mulleres no Medio Rural, axentes de igualdade nas institucións públicas no eido institucional ou, no propio Parlamento, facer Permanente a Comisión de Igualdade.

SOBRE O ADIANTO DO DEBATE DO ESTADO DA NACIÓN

Paula Verao ratificou as palabras de Luís Villares nas que acusaba ao presidente da Xunta de priorizar os seus intereses persoais e políticos aos do pobo galego ao que representa: “Agora que sabemos que o PP utiliza as instiucións do pobo galego a comenencia de Feijóo e dos seu interese de xogar na política estatal, e adianta o debate do Estado da Nación, a maioría destas propostas serán tamén parte das propostas de resolución que o Grupo Mixto presentará ante a Cámara, algunha podemos xa adiantala”.