En Marea presenta varias iniciativas no Congreso para potenciar o tren de cercanías entre A Coruña, Ferrol e as comarcas das Mariña

“A comarca máis puxante do país ten que ter unha articulación ferroviaria como se debe, por iso presentamos iniciativas e preguntas parlamentares pola conexión de cercanías da Coruña con Ferrol e a comarca das Mariñas. Esperamos que o Goberno responda positivamente”, explicou o deputado Antón Gómez-Reino.
Publicado por o día 08/10/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea presenta varias iniciativas no Congreso para potenciar o tren de cercanías entre A Coruña, Ferrol e as comarcas das Mariña

O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, presentou este luns na Coruña varias iniciativas rexistradas no Congreso para potenciar o tren de cercanías entre A Coruña, Ferrol e as comarcas das Mariña.

“O tren é un medio de transporte fundamental para artellar unha alternativa de transporte que non dependa do vehículo particular. É unha alternativa que, como sabemos a xente que vivimos na Coruña e a zona das Mariñas,está abandonado dunha forma lacerante nas últimas décadas. É un impedimento para que a cidadanía se mova en tren de cercanías”, explicou en rolda de prensa o voceiro.

Gómez-Reino detallou que se presentaron varias iniciativas e preguntas parlamentares porque “a comarca máis puxante do país ten que ter unha articulación como se debe” por iso “esperamos que o Goberno responda positivamente”.

O deputado tamén avanzou que será fundamental “tratar este temas nas negociacións co Goberno”.

“O tren é un medio de transporte seguro, económico e ecolóxico, eficiente, que debe de ser unha referencia para calquer tipo de deseño, non como se fai dende hai tempo, que só se pensa no automóvil”, explicou o deputado, lembrando que o vehículo particular é o causante do 70% da contaminación, fronte ao 1% do transporte ferroviario.

Desde a Plataforma na defensa do tren de A Coruña e As Mariñas, que tamén participaron na rolda de prensa, explicaron que “cada vez son menos os servizos ferroviarios e o ancho métrico” polo que “esiximos a electrificación para que sexan liñas socialmente rentables”.

“Medio millón de persoas entre A Coruña e Ferrol precisan un medio para chegar eficientemente aos seus postos de traballo. Queremos que se invista no ferrocarril de cercanías”.