En Marea proporá no Parlamento de Galicia a derrogación da lei do plurilingüismo trala constanción do seu fracaso e do informe negativo emitido pola Unión Europea sobre a situación do galego en Galicia.
O Consello de Europa sinala nun Informe o desleixo que ten a Xunta co idioma galego e a política lingüística, no que igual que xa fixo nos anos 2012 e 2016, censura as actuacións da mesma no ámbito do ensino e a perda de persoas galego-falantes no noso país. Este informe sinala que a aplicación da protección do galego en Galicia non mellorou despois do último ciclo de seguemento e os estudos de carácter sociolingüísticos resaltan en todos os casos un baixo número de falantes. Tamén sinala o informe que a transmisión xeracional da lingua non está garantida e a proporción de estudantes que dominan e usan a lingua a diario minguou de maneira considerable.
Para En Marea é necesario un esforzo para reverter unha situación que non ensino é especialmente grave. A presencia do galego é insuficiente no ensino, en particular no nivel de preescolar, as principais materias científicas non se ensinan en galego nos centros de secundarios. Con respecto á educación superior o 23% dos cursos ofrécense en galego, cunha proporción arredor dun 30% na universidade. Para o ensino non universitario, a regulación en vigor non permite asegurar máis do 50% de cursos en galego. Non é posible propor un programa de ensino en galego nun establecemento do nivel de preescolar, primaria ou secundaria. O decreto 79/2010 que define a materia que teñen que se ensinadas en galego, excluída a posibilidade de aplicar un programa de ensino segundo o que o galego será a lingua de ensino e o castelán estudiado como materia.
A proposta de En Marea para tentar reverter esta situación teñen que ver coa eliminación de todas as restricións impostas polo decreto de plurilingüismo, propoñendo a súa derrogación inmediata. Para En Marea tamén é importante que se fagan públicas as avaliacións dos responsables de materias docentes así como o uso do galego en materia de ensino.
Na batería de medidas que propón En Marea tralo informe negativo de Europa sobre a situación do galego en Galicia, unha das fundamentais é que se garanta o uso do galego como lingua vehicular do ensino agás nas linguas estranxeiras, desde as garderías ata FP, incluíndo primaria, secundaria e bacharelato.
Fóra do ensino, tamén propón En Marea que se garanta o uso do galego como lingua vehicular por parte do corpo de Letrados da Xunta de Galicia nos informes escritos administrativos e nos procedementos xudiciais que ordinariamente se desenvolven en Galicia.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.