En Marea propón activar o mapa de transición sostible de Galicia para afrontar o peche de As Pontes

Luís Villares considera que durante estes últimos dez anos tanto PSOE como PP estiveron “enganando á cidadanía facéndolle crer que a central térmica permanecería aberta ata 2045 recibindo subvencións por contaminar”
Publicado por o día 28/09/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea propón activar o mapa de transición sostible de Galicia para afrontar o peche de As Pontes

Diante do anuncio por parte de Endesa do peche da súa central en As Pontes, En Marea propón que o goberno active o Mapa de transición sostible para Galicia e, deste xeito, afrontar as circunstancias derivadas do peche desta instalación.  Este plan convertiría As Pontes nun referente das enerxías renovables e das novas tecnoloxías previstas no modelo da transición enerxética. Desde En Marea lémbrase tamén que os sucesivos gobernos galegos e centrais tentaron enganar á cidadanía durante esta última década asegurando que a central podería estar en funcionamento ata 2045 cando a lexislación da UE o impide de maneira moi clara. O voceiro de En Marea, Luís Villares, explico que se dirixirá ao goberno español para que tome as medidas necesarias para poñer en marcha o proxecto estratéxico proposto por esta formación.

A proposta de En Marea para aplicación do Mapa de transición sostible significaría converter á comarca de As Pontes nun referente de enerxías renovables e das tecnoloxías derivadas destas enerxías. Como primeira medida é necesario esixir ao goberno central  a reposición inmediata dos 56 millóns de euros do Plan Miner que o goberno de Mariano Rajoy suspendeu en 2012 e que quedaron pendentes de execución para a comarca.  Este diñeiro servirá para a posta en marcha do plan estratéxico do Mapa de transición sostible e as primeiras actuacións sobre o terreo.

Para En Marea é fundamental que as alternativas ao carbón non sexan improvisadas e que respondan a un plan de futuro que resulte das conclusións do Mapa de transición, de maneira que nun prazo de nove meses deberíamos contar cunha versión cero deste plan.

Durante o recén celebrado Debate do Estado da Nación no Parlamento de Galicia, desde En Marea se fixeron propostas concretas para adiantarse ao peche da central de As Pontes. Foi En Marea o único grupo parlamentario que fixo estas propostas que, lido o anuncio da empresa, están máis que xustificiadas. As catro medidas máis urxentes serían:

A posta en marcha dun grupo de traballo para desenvolver o Mapa de transición sostible de Galicia (CLEW-Galicia) coa participación das universidades galegas.

Desenvolver de forma urxente dous proxectos pilotos do Mapa nas macrocomarcas de Ferrolterra-As Pontes-Eume-Ortegal e Cerceda-Ordes-Terras de Melide-Arzua, utilizando como referente os modelos existentes en varias rexións europeas.

É necesario tamén, segundo as propostas de En Marea, incluír nos orzamentos de Galicia para 2020 partidas que fomenten as iniciativas empresariais e formativas relacionadas coas enerxías renovables e coas tecnoloxías presentes na transición enerxética para os concellos de As Pontes e Cerceda e as súas respectivas áreas de influencia.  De maneira inmediata hai que instar a Endesa e Naturgy a ser partícipes de iniciativas empresariais en enerxías renovables nestes concellos ten en conta os enormes beneficios económicos obtidos da explotación dos recursos dos seus territorios. Estas iniciativas para empresariais de Endesa e Naturgy servirían para garantir o mantemento dos postos de traballo das actuais centrais ademais de producir enerxías de carácter limpo.

Segundo Villares “o peche da central térmica de As Pontes víase vi moi claramente desde o peche da mina de lignito de 2007, tal como advertiu En Marea desde estes anos”. Para o voceiro da formación “tanto o PSOE como o PP trataron de enganar á cidadanía facéndolle crer que a central podía permanecer aberta ata o 45 a base de subvencioar a Endesa por contaminar”. Villares sinalou que pese ao engano de socilistas e populares “era evidente que ese engano non era unha solución de futuro nin para a enerxía, nin para os postos de traballo da comarca”.