Ángela Rodríguez: “En Marea propón un Pacto Feminista en Galicia que feminice as institucións e garanta a protección das vítimas de todas as violencias machistas”

Publicado por o día 22/06/2016 na sección de Elecciones 26J,En Marea,Política

Ángela Rodríguez: “En Marea propón un Pacto Feminista en Galicia que feminice as institucións e garanta a protección das vítimas de todas as violencias machistas”

Nas portas dunhas eleccións xerais que se prevén históricas, En Marea propuxo esta mañá en Santiago un Pacto Feminista en Galicia que poña o feminismo no centro das políticas esblecendo redes de apoio e traballo colectivo entre todas as mareas municipais e protagonistas políticos do cambio “para vencellar o papel das mulleres nas institucións co traballo que durante décadas fixeron moitas das nosas compañeiras na rúa.”

No acto “Con Nosoutras Hai Marea” participaron ademais de candidatas e candidatos de En Marea, concelleiras dos gobernos municipais do cambio e mulleres que levan anos participando dos colectivos feministas no noso país, coma Marta Lois (Compostela Aberta), Marga Barreiro (Marea de Vigo) Ledicia Piñeiro (Ourense en Común), Pilar Candocia (Ames Novo)…

A n.2 de En Marea pola provincia de Pontevedra e voceira de Igualdade no Congreso na pasada lexislatura, ÁNGELA RODRÍGUEZ anunciou a proposta de Pacto Feminista en Galicia nas institucións. “Hai moitas mulleres que traballamos agora na nova política que vimos de traballar antes nas rúas e atopámonos con que a política é un espazo con lóxicas moi masculinas que non só hai feminizar senón que tamén feministizar, que as cuestións que teñen que ver coa igualdade de homes e mulleres se comecen a traballar de xeito serio nas institucións  e que tezamos redes feministas nelas. A soridade ten que funcionar tamén nas institucións.” O Pacto que propón En Marea ten 7 puntos “7 cuestións fundamentais, como é  o pacto contra as violencias machistas e que ningunha mulleres estea en situación de exclusión pola súa opcion sexual, a súa etnia ou a súa condición de muller. E pensamos que os coidados e a súa remuneración son fundamentais para ter un país de futuro. Non queremos un goberno que rescate bancos, senón un goberno que rescate familias. Queremos rescatar esas mulleres. Os coidados teñen que ser de todos e de todas e para todos e para todas”. E destacou coa máxima urxencia a necesidade de garantir unha solucion habitacional para as mulleres que son vítimas de violencia machista. Moitas mulleres teñen que agardar trámites xudiciais eternos que en moitos casos acaben asasinadas. Esta garantía habitacional deberían tela no prazo máximo dun mes e debería ser achegada polos servizos sociais e non a través dos xulgados e empregando as grandes bolsas de vivenda baleira que temos por todo o país nas mans de grandes propietarios.Non queremos rematar sen lembrar como o pasado 7 de novembro centos de miles de mulleres e homes encheron as rúas para elevar ás súas voces contra as violencias machista e por unha sociedade xusta e de iguais. Os mandatos cidadáns non só se emiten a través das urnas, e este é preciso escoitalo. Fronte ao inmobilismo reivindicamos un feminismo en movemento, transformador, conciliador, amable pero á vez esixente e responsable. O cambio ou é con nosoutras, ou non será. Neste momento histórico afirmamos o noso feminismo da alegría. “

A candidata ao Senado por Pontevedra VANESSA ANGUSTIA, lembrou as miles de mulleres invisibilizadas que viven cada día o terrorismo machista “e que hoxe non poden estar aquí porque ningúen lles axuda a recuperar a vida e a dignidade que nunca deberon perder”. “Debemos ser máis, estar xuntas e saír nos a defendernos a nós mesmas, iso foi o que aprendín nas institucións. E lanzo o reto de loitar conxuntamente para despenalizar a homosexualidade. Temos que volver dicir que só eu decido sobre o noso corpo e eliminar a brecha salarial entre homes e mulleres. Sen esquecer as paradas e as precarias, que sofren de maneira cruenta a consecuencia da crise e os recortes, que non só as golpean economicamente, senón que as danan na propia estima e dignidade.”, concluiu.

YOLANDA DÍAZ, candidata n.2 ao Congreso pola Coruña, destacou que “resulta imprescindible convocar un pacto de país contra as violencias machistas que inclúa a todas as forzas políticas, á sociedade civil, asociacións e demais actores, para, entre outras cousas, chegar a un acordo polo cal se asigne unha partida mínima e específica garantida para que a loita contra esta lacra non dependa de eventuais cambios de goberno. Mentres o PP lexisla contra as mulleres, como é o caso da Lei Wert. A maiores en Galicia recortaron os orzamentos públicos nun 61%. Creo que temos que reivindicar novos horarios e xornadas laborais que permitan compatibilizar a vida política coa vida familiar.”

Pola súa banda a voceira da Comsión de Igualdade no Parlamento Galego EVA SOLLA, recordou que temos un presidente da Xunta que se negou a condenar o acoso sexual do presidente da Deputación de Ourense a unha muller a cambio dun posto de traballo e un vicepresidente que desprezou o sufrimento das mulleres que se viron obrigadas a abortar soas nunha habitación dun hospital. As leis contra a violencia de xénero non se están cumprindo e o sesgo de xénero tamén está presente nos tratamentos sanitarios. Temos que estar mulleres novas e maiores nas institucións.”

A concelleira da Marea de Vigo, MARGA BARREIRO, defendeu o traballo das mulleres nos colectivos feministas de todo o país. “Aínda que nós estamos nas institucións somos partidos políticos mixtos e aí temos moitos atrancos. As mulleres que están nas organizacións feministas levan loitando moito. As mulleres na UE gañan un 16% menos ca os homes, aínda que as graduadas universitarias son maioría. Un 34% de mulleres traballan a tempo parcial fronte a un 8% dos homes. A igualdade está presente nas leis e nos papeis pero non na vida real.”