O Parlamento de Galicia aproba a reclamación de En Marea para a apertura de prazas de residencia para persoas con diversidade funcional na comarca de Santiago

A deputada Carmen Santos defendeu unha iniciativa de Paula Vázquez Verao que reclaman prazas de residencia no CEGADI mais recursos para os centros de Educación Especial
Por o 29/05/2019 | Sección: En Marea,Política
O Parlamento de Galicia aproba a reclamación de En Marea para a apertura de prazas de residencia para persoas con diversidade funcional na comarca de Santiago
Compartir en:

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a proposta de En Marea, que trasladou o Pleno do Parlamento as necesidades que están reclamando as familias que teñen membros con diversidade funcional. Nesta liña, o ANPA do CEE a Barcia está denunciando os problemas cos que se atopan os alumnos a partir dos 21 anos, cando remata o período de escolarización. A deputada sinalou que estes alumnos  “perden a súa socialización, o seu entorno social de amizades e compañeiros/as e sofren un parón na súa evolución educativa. Contar con recursos estables e de proximidade é esencial para manter a evolución educativa destas persoas.”

As prazas de residencia para persoas con diversidade funcional son unha parte fundamental destes recursos de proximidade, pero a súa situación é dramática. O CAPD de Ourense, levamos agardando pola súa licitación dende 2016, ou o caso do CEE María Mariño “,cuxo persoal leva anos reclamando máis efectivos humanos, mellores instalacións e unha alimentación correcta e adaptada ás necesidades destas persoas” son algúns dos exemplo que destacou a deputada.

Carmen Santos denunciou que “o feito de  non contar cun centro específico de atención á diversidade funcional na comarca de Compostela provoca situacións tanto de falta de atención ás persoas con diversidade funcional como de falta de posibilidades de conciliación nas familias. Asemade, aínda cando consiguen atopar praza nun centro, o cambio de entorno é difícil para persoas con discapacidade intelectual. Por outra parte, son numerosas familias ás que teñen que solicitar unha praza cunha antelación mínima de 3-4 anos, debido á súa escaseza.” Esta situación implica que “as familias sofren unha dobre carga: a de coidar ás persoas con diversidade funcional e proporcionarlle os recursos que precisan, e, ao tempo, o esforzo de loitar polos dereitos que xa deberían corresponderlles.”

Para resolver esta situación, propuxo que “no CEGADI se poñan en marcha xa os usos residenciais”. A Xunta prometeu que o CEGADI estaría en marcha en 2019, unha promesa que xa fixera a mediados e a finais de 2017, e mesmo en 2013. Pero resulta preocupante que na Estratexia Galega sobre discapacidade 2015-2020 non se menciona este complexo.  Aínda que este complexo realiza algunhas actividades, o certo e que a día de hoxe non ten habilitados os seus usos principais.

A deputada leu un fragmento dunha carta Plataforma de Familias con Diversidade Funcional de Santiago de Compostela e Arredores na que lembra que segundo a Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social, e deber das administracións “garantizar ás persoas con discapacidade unha oferta de servizos e programas próxima, no entorno no que se desenvolva a súa vida”

Carmen Santos avertiu de que aínda que a iniciativa foi aprobada, existe o risco de que, como pasou con outras iniciativas, ainda que o PP vote a favor, despois todo quede “en papeis perdidos no edificio de San Caetano”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.