En Marea reclama ao Goberno que explique no Congreso a utilización das bases españolas para bombardear Siria

Por o 16/04/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea reclama ao Goberno que explique no Congreso a utilización das bases españolas para bombardear Siria

En Marea e varios deputados do Grupo Confederal rexistraron este luns unha batería de preguntas ao Goberno e fixeron unha petición de comparecencia da ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal.

A intención é pedir explicacións pola utilización de infraestruturas, buques, avións e armamento militar das bases de Rota (Cádiz) e de Zaragoza por parte de Estados Unidos “para bombardear, á marxe da legalidade internacional, o territorio de Siria na noite do 13 de abril”.

A petición de comparecencia está asinada polo voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, así como polos deputados de Unidos Podemos Miguel Ángel Bustamante e Alberto Garzón.

O deputado de En Marea e voceiro en Exteriores, Antón Gómez-Reino, e varios deputados do Grupo Confederal rexistraron tamén varias preguntas para coñecer a opinión do Goberno respecto da decisión de EEUU de atacar Siria “de xeito unilateral e ilexítimo, vulnerando o dereito internacional e a carta da ONU, á marxe dun acordo do Consello de Seguridade da ONU”.

Ademais, En Marea quere saber a posición do Goberno sobre que esta escalada bélica poda partir da base de Rota, poñendo en risco a nosa propia seguridade, e sobre as medidas que ten previsto tomar.

Segundo distintas fontes, o destructor USS Donald Cook, con base en Rota, lanzou misís contra instalacións sirias, logo de ser destinado a realizar operacións no Mediterráneo Oriental fai semanas.

Ademais, dous avións de aprovisionamento en voo da Forza Aérea estadounidense, con base en Zaragoza, prestarían apoio loxístico nesta mesma acción militar realizada á marxe da legalidad internacional.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.