En Marea reclama que a indemnización polas vítimas mortais de Paramos sexa a mesma que a das abonadas nos incendios do pasado outono

A Xunta anuncio unha indemnización de 30.000 euros en Tui mentres que nos incendios se abonaron 75.000 euros por fallecido
Por o 12/07/2018 | Sección: En Marea,Galicia,Política,Tui

En Marea considera unha inxustiza que a Xunta de Galicia so indemnice con 30.000 euros por cada unha das vítimas mortais da explosión da pirotecnia en Paramos, Tui. A formación considera que está cantidade non é xusta cando se compara cos 75.000 euros por vítima que se pagaron cando os lumes de outono do pasado ano. Luís Villares apuntou que era “inasumible” e “inexplicable” que a Xunta estea utilizando dúas varas de medir tan diferentes. O voceiro de En Marea explicou que o Partido Popular rexeitou na sesión deste mercores pasado a “proposta de En Marea para que as vítimas cobrasen a máxima indemnización posible”. Pero o PP rexeitou esta petición. A Xunta lonxe de atender as petición anunciou que as indemnizacións por vítimas mortais serán de 30.000 euros.

Luís Villares mostrouse “sorprendido” por esta decisión da Xunta que deixa claro que para o goberno autónomo “hai vítimas de primeira e de segunda”. O voceiro de En Marea explicou que é moi difícil de entender que nos lumes “do pasado outono a indemnización se cifrase en 75.000 euros e uns meses despois o mesmo goberno considere que só son 30.000”. Para Villares, a Xunta cualificou de terrorismo os icendios a pesar de que, como quedou comprobado, non era así e aproveitou o asunto para “tapar a súa incompetencia coa palabra terrorismo”. Villares sinalou que nese momento, as indemnizacións que se pagaron por vítimas mortais eran de 75.000 euros e “desde En Marea pensamos que no caso de Paramos non pode ser menos, iso é o que imos volver reclamar no Parlamento porque outra cousa sería unha inxustiza manifesta”.

Día da Xustiza Gratuita

En primeiro lugar, En Marea quere que a Xunta de Galicia preste asistencia letrada gratuíta a todas as vítimas de violencia machista de xeito inmediato en todos os partidos xudiciais de Galicia, de maneira que esta asistencia se preste previamente á interposición da denuncia por parte da vítima. Para En Marea é importante que está cobertura se ofreza de xeito inmediato e en todo o territorio galego para que ninguén quede sen contar con este apoio e para as vítimas teñan garantido un acceso á xustiza.

O grupo parlamentario de En Marea tamén pide que ese acceso universal á xustiza se cumpre en casos como as vítimas de delitos que non son naturais de Galicia. Neste caso, En Marea pide á Xunta que garanta a dispoñibilidade de intérpretes de linguas estranxeiras para a atención a estas vítimas. Esta cobertura tería que ser completa, é dicir: antes e durante toda a tramitación do procedemento.

Inundacións nos sotos da Audiencia coruñesa

Luís Villares denunciou tamén a situación na que se encontran os arquivos da Audiencia da Coruña no edificio da fábrica de tabacos. Tralas inundacións da pasada semana, os arquivos situados no soto do edificio, e que están por baixo do nivel do mar, quedar inundados e resultou afectada unha parte dos arquivos que se gardan e que corresponde aos xulgados da provincia coruñesa. Villares reclamou axilidade para resolver este problema e revisar ata que punto o arquivo quedou afectado pola inundación, ademais dunha solución definitiva para que no se repita o feito.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.