En Marea reclama unha reforma profunda do Código Penal tra-la condena de Estrasburgo a España

Luís Villares: “cómpre unha reforma profunda do Código Penal que se adapte plenamente ás garantías das liberdades civís, non hai democracia sen unha opinión pública libre”.
Por o 13/03/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea reclama unha reforma profunda do Código Penal tra-la condena de Estrasburgo a España

En Marea reclama unha “reforma profunda do Código Penal que se adapte plenamente ás garantías das liberdades civís” tal e como sinala o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos. Así o manifesta o voceiro da formación, Luís Villares, despois de coñecerse a resolución do TEDH que obriga a España a devolver a multa de 2.700 euros aos mozos condenados en 2008 por inxurias á coroa e a indemnizalos con 9.000 euros.

A raíz desta senteza “cómpre ter clara a liberdade de expresión como fundamento dunha sociedade democrática na que a pluralidade de ideas debe poder manifestarse”, asegura Luís Villares. O líder de En Marea afirma que “non hai democracia sen opinión pública libre e por iso debe rematar inmediatamente a persecución de formas incómodas sobre todo para o poder da liberdade de expresión” como poden ser letras de cancións, actuacións de titiriteiros ou calquera outra manifestación xa que “están amparadas por unha liberdade básica, a liberdade de expresión”.

A reforma do Código Penal que propón En Marea remataría coa “autocensura imposta neste clima de redución de liberdades no que estamos inmersos nos últimos anos”, conclúe Luís Villares.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.