En Marea reclamará un cambio no criterio de axudas pola explosión da pirotecnia para que os veciños recuperen a súa vida

Os veciños afectados consideran que a contía das axudas é insuficiente para que poder volver á situación anterior
Publicado por o día 05/06/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea reclamará un cambio no criterio de axudas pola explosión da pirotecnia para que os veciños recuperen a súa vida

Un grupo de deputadas de En Marea reuniuse cos integrantes da plataforma de afectados pola explosión da pirotecnia de Paramos, no Concello de Tui. Na reunión, os veciños agrupados na plataforma sinalaron os principais defectos das axudas anunciadas pola Xunta para os afectados. Os veciños consideran que as axudas por vivendas son claramente insuficentes posto que as cantidades máximas estipuladas nas axudas son claramente insuficientes pare reconstruír ou facer as casas de nova planta.

A plataforma veciñal de afectados explicou as carencias nas axudas, unhas carencias que van desde a atención única e coordinada por parte dos distintos departamentos da Xunta ata a maneira en que se valoran as vivendas e a súa recuperación e tope máximo de axudas que está disposta a aboar o goberno autonómico.

Fronte a esta situación, Luís Villares sinalou que En Marea presentará no Parlamento de Galicia unha serie de medidas para facilitar a recuperación da vida dos veciños de Paramos tal e como a tiñan antes da explosición. Nesta lista de propostas de En Marea figuran a ampliación dos máximos de axudas ata ter en conta unha cantidade menor de restriccións nos requisitos para a solicitude. No mesmo sentido de facilitar o acceso das veciñas ás axudas, entre as propostas de En Marea tamén figurará unha sistema que facilite a tramitacións das axudas e que evite que os veciños teñan que duplicar trámites en distintas administracións.