En Marea rexistra doce medidas para acadar unha solución definitiva ao problema de Alcoa

O voceiro de En Marea, Luís Villares, asegurou que con estas accións non só se arranxaría a situación desta empresa senón de todo os sector e influiría positivamente no recibo da luz de todas as persoas
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea rexistra doce medidas para acadar unha solución definitiva ao problema de Alcoa

O voceiro de En Marea, Luís Villares, presentou esta mañá doce solucións que o grupo parlamentario rexistrou hoxe mesmo no Parlamento de Galicia para chegar a unha solución definitiva para a situación de Alcoa pero tamén para o resto de empresas e nos recibos da luz das consumidoras e consumidores.  Villares explicou que durante esta fin de semana o grupo parlamentar recibiu diversas mensaxes desde os comités de empresa de Alcoa San Cibrao e da Coruña nas que se pedía por unha banda que os diferentes partidos rendan contas das iniciativas impulsadas para defender os postos de traballo e tamén informaron da carta remitida por eles ao Goberno do estado e a Xunta de Galicia nas que se destacaban as cuestións que consideran imprescindibles para garantir o futuro dos postos de traballo e a factoría.

O grupo parlamentario facéndose eco destas peticións rexistrou pola súa banda 12 iniciativas fundamentais indo máis alá do problema de Alcoa e que chegar ao peto de todas e todos os galegos.

  1. Instar Alcoa retirar expediente de despido colectivo.
  2. Establecer mecanismos para que as plantas podan entrar en parada técnica. Villares calificou como fundamental esta cuestión xa que de parar se solidificarían as cubas e a factoría sería irrecuperable.
  3. No caso de que a empresa negarase a evitar esta parada técnica, En Marea insta a aplicar o artigo 128.2 da Constitución Española para intervir a empresa.
  4. Creación mesa con todas as partes implicadas que en 18 meses xestionar un proceso que dea continuidade e viabilidade as plantas de Avilés e A Coruña.
  5. Establecer nova regulación enerxética similar a países europeos que defenden as empresas e sector industrial ao tempo que protexen as familias con control dos prezos da electricidade, todo o contrario do que fan en España.
  6. Instar ministerio industria a vincular calquera axuda a mantemento do emprego e modernización das factorías.
  7. Regulación entrada metal externo por portos españois. Non podemos permitir competencia ilegal.
  8. Establecemento aranceis medioambientais baseados na pegada de CO2 dos produtos que entren na UE procedentes de países terceiros. Non pode ser que o aluminio das factorías de Alcoa lle fagan competencia as factorías locais. Un aluminio que non cumpre cos criterios medioambientais. “Compromiso co medio ambiente ten que ser global” afirmou Villares.
  9. Convocatoria e execución inmediata da partida de 2018 de 150 millóns de euros para mellorar a viabilidade da industria electrointensiva.
  10. Instar a Ministerio que compensacións como nova poxa que se diferencia en función do impacto que a produción eléctrica ten en cada empresa
  11. Acabar co oligopolio eléctrico que están a pactar os prezos.
  12. En caso de que Alcoa insista en pechar factoría Coruña avaliar reclamar xudicialmente á empresa as empresas recibidas ao longo destes anos. “Xa que marchan, que reciban o estafado” concluíu o voceiro de En Marea.

A iniciativa rexistrada hoxe no Parlamento de Galicia, En Marea a levará tamén ao Congreso e a Unión Europea. “Temos un país con recursos e simplemente queremos defender o dereito a vivir do que producimos” defendeu Luís Villares.

AUTORIZACIÓN AMBIENTAL A ENCE

O voceiro de En Marea referiuse tamén a unha nova coñecida esta mesma mañá relativa a renovación da autorización ambiental por parte da Xunta de Galicia a ENCE. Villares fixo unha chamada de atención ao goberno español lembrando que pode propor unha revisión de oficio da concesión do goberno de Rajoy xa que existen sospeitas fundadas de que se foi un acto nulo de pleno dereito polo que podería dar lugar a nulidade da decisión tomada.

“Ese mecanismo pode ser activado en calquera momento e aínda estamos en prazo. Queremos que se acabe canto antes coa especulación de ENCE e a contaminación na ría” concluíu o voceiro de En Marea.