En Marea solicita a Batet unha nova xuntanza de “urxencia”

Publicado por o día 03/11/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea solicita a Batet unha nova xuntanza de “urxencia”

En Marea enviou unha carta á  Ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, para solicitar unha nova xuntanza despois de que o Executivo anunciase o traspaso de competencias de tráfico e seguridade vial á Policía Foral de Navarra e o inicio de negociacións entre ambos Goberno para executar a transferencia.

“Ante o recente compromiso de Pedro Sánchez para transferir estas competencias á Comunidade Foral de Navarra, consideramos que o argumento do Tribunal Supremo na Senteza Nº379/2018, podería ser aplicable ao caso galego”, sinala a carta de En Marea.

O pasado 4 de octubro o grupo de En Marea no Congreso xa se reuniu coa Ministra de Política Territorial e Función Pública para presentar a ‘Axenda Galega do Cambio’, as demandas maioritarias da cidadanía galega que son de absoluto consenso en Galicia.

Un dos principais puntos da proposta da ‘Axenda Galega do Cambio’ ten que ver coa transferencia de competencias en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria.