En Marea solidarizase coa CIG e apoia a retirada das accions xudiciais interpostas por Navantia

Publicado por o día 04/04/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea solidarizase coa CIG e apoia a retirada das accions xudiciais interpostas por Navantia

Durante 22 dias o persoal da industria auxiliar estivo secundando unha folga para reivindicar a recuperación do nivel retributivo do ano 2001, que as empresas deixaron de aplicar unilateralmente e sen negociacións.

Dende En Marea consideramos inadmisible que unha empresa pública presente unha demanda contra un sindicato a raíz da convocatoria dunha folga e lle pida unha indemnización millonaria.

Denunciamos que os dereitos e liberdades democráticas no noso país seguen a verse ameazadas pola deriva represiva e autoritaria do PP (lei de “seguranza cidadá”, multas a tuiteros, penas de carcere para artistas…), sendo esta demanda contra a CIG un exemplo máis.

Dende En Marea seguiremos loitando tamén na defensa do dereito a folga ao carón dos colectivos e das maiorías sociais pola defensa e recuperación dos dereitos democráticos básicos.