En Marea súmase á petición das vítimas dunha investigación independente do accidente do Alvia

Luís Villares: “Seis anos agardando xustiza e a fin da impunidade, sen iso non haberá melloras na seguridade”
Publicado por o día 24/07/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea súmase á petición das vítimas dunha investigación independente do accidente do Alvia

O voceiro de En Marea, Luís Villares, lembrou hoxe que van “seis anos agardando xustiza e a fin da impunidade” porque “sen iso non haberá melloras reais na seguridade de todas”. “Precisamos memoria, xustiza e aprender para que algo así non se volva repetir”, asegurou Villares.

No sexto aniversario do accidente do Alvia á altura de Angrois, En Marea súmase de novo ás peticións da Plataforma Víctimas Alvia 04155 para que se leve a cabo unha investigación técnica independente dos feitos.

“Facemos nosas as reivindicacións das vítimas e o seu mandato na busca dunha comisión técnica independete que esclareza o que aconteceu e cales son as responsabilidades reais”, sostivo Adrián Dios, membro da Coordinadora de En Marea ao remate da marcha convocada pola Plataforma en Santiago.

Dios insistiu tamén en que falta a asunción das responsabilidades políticas que “soamente vimos unha dimisión e chegou moi tarde”. “Nese sentido, que exista unha comisión técnica independente e unha comisión no Congreso, que sexa capaz de establecer as súas conclusións, é fundamental para coñecer as responsabilidades políticas que hai detrás”, engadiu Dios.

“É evidente que para que accidentes deste tipo volvan ocorrer os culpables teñen que asumir a súa parte de responsabilidade nos feitos”, enfatizou Adrián Dios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.