En Marea suspende de militancia as parlamentarias firmantes do escrito do senador e pídelles que entreguen a súa acta e abandonen o grupo parlamentario

A Coordinadora de EM considera que os oito firmantes do documento de designación do senador están incumprindo os compromisos firmados en 2016 e deben abandonar a formación
Por o 18/06/2019 | Sección: En Marea,Política
En Marea suspende de militancia as parlamentarias firmantes do escrito do senador e pídelles que entreguen a súa acta e abandonen o grupo parlamentario

A Coordinadora de En Marea suspendeu de militancia ás oito deputadas que firmaron o escrito designando ao senador autonómico que lle corresponde á formación política, incumprindo os seus compromisos políticos e ignorando o sistema de elección fixado por En Marea. A vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, sinalou na súa intervención que todas as deputadas do grupo parlamentario son de En Marea e de ningunha outra formación política “como está firmado por cada unha delas no compromiso de 2016”. Segundo Seijas, “unha vez que firmaron o documento de designación incumpriron formalmente os acordos e deben ser suspendidos de militancia”. No mesmo sentido, explicou a vicevoceira, “deberán entregar as súas actas e abandonar o grupo parlamentario toda vez que están actuando á marxe de En Marea”.

Segundo explicou Ana Seijas a situación que vive En Marea é o resultado da actitude de Podemos e a súa intención de “destruír as confluencias en todo o Estado”. Segundo explicou Seijas “En Marea é unha víctima máis da intención de facer fracasar un proxecto político de verdade plural e de verdade transversal”. A vicevoceira recordou que En Marea “non é propiedade de Podemos porque aquí só mandan as inscritas”.

Para a vicevoceira da formación “de Vistalegre II saíu a intención de derribar as confluencias e en todos os episodios demostrouse que Podemos marcou unhas directrices contrarias a En Marea:

  1. A nosa ética colectiva, como o respaldo a unha deputada que empregou indebidamente a súa credencial nun incidente policial, que foi amparada no GP simplemente por ter o carné de Podemos;
  2. O noso compromiso programático electoral, cando nos Orzamentos xerais do Estado os deputados de Podemos apoiaron uns orzamentos infames en canto aos investimentos para Galicia.
  3. A rexeneración democrática, coa negativa á rendición de contas dos deputados de Podemos e o encubrimento de prácticas ilícitas no censo de En Marea.

 

Tal e como explicou Seijas, o último episodio deste “desprezo” foron as declaracións do secretario xeral de Podemos Galicia no que chamaba directamente a “desoír unha decisión lexítima e democrática adoptada pola dirección de En Marea” sobre quen debe representar a En Marea no senado. A vicevoceira explicou que isto podería ser entendido como “golpismo político porque unha organización como Podemos non pode decidir sobre os deputados dunha formación soberana como En Marea”.

Con estes antecedentes, Ana Seijas sinalou que esta mañá (18-06-2019) “un grupo de deputados/as escollidos por en Marea, desoíndo a proposta da dirección para a designación do senador autonómico que corresponde a EM porque así o quixo a cidadanía, asinaron un acta propoñendo un nome diferente ao de Mariló Candedo, malia seren cominados a respaldar esa proposta”. Esta actuación supón para a coordinadora de En Marea “un acto claro de transfuguismo político, pois está definido como o abandono dunha persoa deputada do partido polo que foi escollido. Estamos ante unha situación moi dolorosa para En Marea, pois unhas persoas que foron escollidas coa confianza da nosa organización se poñen ao servizo dos intereses doutra organización diferente”.

Desde En Marea consíderase que non “é lexítimo é suplantar a vontade electoral das galegas e galegos decidida nas urnas en 2016. En 2016 a xente escolleu En Marea, o seu programa, os seus contidos, a súa organización e as súas siglas. A xente que foi candidata asinou UNS ACORDOS de respectar estes compromisos. En consecuencia, a vontade electoral descansa no proxecto de EM, non no de Podemos”.

As tres medidas adoptadas pola coordinadora ante a situación aberta polos oito asinantes do escrito de designación do representante do senado en En Marea:

  1. Trasladar á Comisión de Garantías a solicitude de baixa da organizacion das 8 compañeiras deputadas asinantes do documento, como responsables dunha infracción moi grave do código ético e dos compromisos asinados para concorrer ás eleccións.

 

  1. Pedirlles a esas compañeiras deputadas que RENUNCIEN ás súas actas, ao non representar a vontade política de En Marea, organización pola que foron escollidas.
  2. Subsidiariamente, pedirlles a esas compañeiras que ABANDONEN o grupo parlamentario de En Marea, ao resultar evidente que non representan nin teñen intención de representar o proxecto político de En Marea.

Una respuesta para "En Marea suspende de militancia as parlamentarias firmantes do escrito do senador e pídelles que entreguen a súa acta e abandonen o grupo parlamentario"

  1. Gamela   19/06/2019 at 9:11

    Esto é novamente outro Harakiri político da esquerda galega !
    https://youtu.be/0TOO-8HACsc
    ¿Villares non entende que sen Podemos e EU non estarían sentados 14 deputados no Hórreo?
    Os últimos resultados electorais foron contundentes con En Marea!
    (UnidasPodemos perdeu 3 e queda coa parella de feito Yolanda & Toné)

    EVA SOLLA astense para poder decidir dende a Mesa mandar ao poleiro a Villares!

    Chercher la femme… Esto xa non é feminismo é PODER puro e duro!

    Irene Montero & Yolanda Díaz & Eva Solla (triunvirato para tempos de miserias!)

    Mentres tanto Rubén Pérez abre local na Porta do Sol (como se foran ricos!)

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.