En Marea valora denunciar ante Fiscalía as batidas masivas de raposos autorizadas pola Xunta

Francisco Casal: ” En Marea ten serias dúbidas de que os requisitos que esixe a lei se estean cumprindo de maneira rigorosa, científica e específica para cada tecor”
Por o 10/01/2019 | Sección: En Marea,Política
En Marea valora denunciar ante Fiscalía as batidas masivas de raposos autorizadas pola Xunta

Incumprindo a Proposición non de Lei aprobada por unanimidade o pasado ano no Parlamento, a Xunta de Galicia segue a autorizar e patrocinar as matanzas de raposos que se producirán esta fin de semana cos campionatos provinciais aos que seguirán o galego e o estatal, que de novo se desenvolverá en Galicia.

En Marea considera que un campionato organizado para ver quen mata máis especies silvestres de alto valor para a diversidade como o raposo non se pode considerar un deporte e por iso xa presentou diversas iniciativas para que a Federación Galega de Caza deixe de recibir axudas da Secretaría Xeral para o Deporte. “Nisto si que Galicia é líder, ningún goberno en España autoriza  a matar tantos raposos como a Xunta”, denuncia o promotor das iniciativas, o deputado de En Marea Francisco Casal.

As autorizacións ampáranse no artigo 16 da resolución de periodos de caza do ano 2018 e nos artigos 49 e 50 da Lei 13/2013 de Caza de Galicia dándolles de maneira eufemística a categoría de “batidas de xestión” a estas verdadeiras matanzas nas que o único obxectivo é “a ver quen mata mais”, e por iso a Federación de Caza as denomina campionatos. “Innumerables estudos científicos demostran que a caza indiscriminada de raposos en ningún caso pode axudar a xestión medioambiental da especie e do seu habitat, e mais ben fai todo o contrario”, denuncia Casal.

Os artigos da Lei mencionados exixen unha serie de estudos e actuacións nos tecores onde se van producir as batidas para poder ser autorizadas. En Marea ten serias dúbidas de que estes requisitos se estean cumprindo de maneira rigorosa, científica e específica para cada tecor, e por iso según o artigo 9 do regulamento do Parlamento de Galicia vai solicitar toda a documentación presentada polos tecores para analizar a sua solvencia e en caso de non atopala, poñerá o asunto en mans da Fiscalía de medioambiente por un posible delito de prevaricación nas autorizacións e atentado medioambiental.

Entre outros requisitos a Lei exixe para poder autorizar estas chamadas “batidas de xestión”:

Artigo 16 da Resolución de periodos de caza da Consellería de Medio Ambiente:

– Planificar  e executar actuacións de mellora sobre aquelas poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente polo raposo.

– Para autorizar estas batidas e esperas de xestión deberá quedarxustificada a súa necesidade ao facer referencia as actuacións de mellora sobre as poboacións cinexéticas reflectidas no Plan anual de aproveitamento cinexéticodo tecor.

Artigo 49da Lei. Plan de ordenación cinexética. Entre outras cousas exixe cumplir as seguintes:

a) O estado cinexético do terreo sometido a réxime especial, a definición e descrición das unidades de xestión e o inventario e a estimación dos parámetros poboacionais, así como unha avaliación da capacidade de carga cinexética do hábitat.

b) O establecemento dos obxectivos de ordenación, de acordo coa información recollida na fase de inventario.

c) A estimación da extracción sustentable en función da evolución prevista das po-boacións cinexéticas.

e) As accións de conservación e/ou de recuperación das especies cinexéticas, así como, se proceder, doutras especies silvestres.

h) O estudo dos hábitats e das especies e a súa compatibilidade coa acción cinexética.

Artigo 50da Lei. Plan anual de aproveitamento cinexético

É a norma que rexerá toda a actividade cinexética durante unha tempada concreta suxeitándose ás directrices fixadas no correspondente plan de ordenación cinexética e tendo en conta as capturas dos anos anteriores. Regulamentariamente determinarase o contido mínimo do plan anual de aproveitamento cinexético, que deberá determinar as especies cazables, os días de caza e as cotas, as modalidades e as actuacións de mellora do hábitat.

Comentar noticia

Your email address will not be published.