En Marea: “Valoraríamos convocatoria electoral en xullo se se dan garantías sanitarias e democráticas”

Demandamos que o Goberno de Feijoo traslade os informes sanitarios nos que se basean para anunciar a convocatoria electoral e esiximos á Xunta a publicación inmediata dos datos desagregados, como levamos pedindo dende o inicio da pandemia.
Publicado por o día 14/05/2020 na sección de En Marea,Política

En Marea: “Valoraríamos convocatoria electoral en xullo se se dan garantías sanitarias e democráticas”

Para En Marea o risco da pandemia continua vixente e, á espera de estudar os informes aos que fixo referencia o Presidente da Xunta na súa rolda de prensa, vemos con certo temor unha convocatoria electoral inmediata, debido á falta de acceso directo aos datos e á imposibilidade de valorar os rebrotes nunha fase tan inicial da desescalada.

Sendo conscientes de que o risco está aí, entendemos que non se pode permanecer sine die cunha democracia suspendida, un goberno en funcións e un parlamento disolto, polo que estaríamos dispostas a valorar a convocatoria para xullo, como anuncio Feijoo, tendo en conta a relación entre o virus e as épocas do ano, pero esixindo ao goberno da Xunta que nos traslade tanto os informes dos expertos que conclúen que a mellor data é en xullo aos que o Presidente fixo referencia como os datos actualizados e desagregados, como levamos demandando dende o inicio da emerxencia sanitaria. Débese votar, con medidas de seguridade e sanitarias suficientes e con garantías democráticas.

Se non se coñecen os datos de novos contaxios por municipio, por exemplo, e dende a Xunta, a pesares de levarllo pedindo mais de dous meses, inda non os publicaron, faise imposible valorar as actuacións a seguir.

Estas esixencias fundaméntanse na necesidade de coñecer o estado real da situación antes de poder posicionarse sobre un tema tan sensible e que podería ter implicacións directamente na saúde e na vida das persoas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.