En Marea visita o CIM de Pontevedra e comprométese a facer unha ruta para avaliar os recursos da loita contra a violencia machista

Por o 26/10/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea visita o CIM de Pontevedra e comprométese a facer unha ruta para avaliar os recursos da loita contra a violencia machista
Compartir en:

As deputadas de En Marea Ángela Rodríguez, Paula Quinteiro e Marcos Cal visitaron este venres en Pontevedra o CIM (Centro de Información ás Mulleres) para falar das iniciativas presentadas e os recursos da loita contra a violencia machista no Parlamento e no Congreso.

Marcos Cal lembrou que En Marea está facendo “unha rolda de visitas” aos CIM “para coñecer os recursos que temos para facer fronte á violencia machista”.

“É moi importante coñecer a opinión das traballadoras que día a día traballan coas mulleres no CIM. Hai que mellorar as labores de coordinación, aumentar os recursos”, afirmou.

A deputada nas Cortes, Ángela Rodríguez, destacou que no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, no que participou En Marea, aprobáronse medidas “que non se traducen en cuestións reais”.

“En Galicia só contamos con dous xulgados para abordar a violencia contra as mulleres, ademais os operadores xurídicos non teñen formación en enfoque de xénero”.

“Queremos avaliar os recursos de violencia machista en Galicia e para iso imos reunirnos con IMELGA, para saber como son as valoracións psicosociais. Ademais, reunirémonos coa fiscal delegada de Galicia, para saber porque non hai medios suficientes. Non queremos que cando o persoal de xustiza colla vacacións as vítimas queden desamparadas”, insistiu a deputada.

Os deputados de ambas cámaras aseguraron que comezarán “unha ruta” para avaliar os recursos da loita contra a violencia machista. “Os xulgados deben atender os distintos tipos de violencias sexuais. Onde haxa unha vitima ten que haber recuros”.

Quinteiro pola súa banda calificou de “intolerable” que a Xunta vulnerare os dereitos pola histórica folga do 8M, das traballadoras do 112, do 016 e da CRTVG.

“A Xunta debe dar explicacións, non está na defensa da igualdade como debería estar. Hai unha fenda de xénero evidente que afecta ás traballadoras subcontratadas de limpeza na Xunta. Están dándolles cartos públicos ás empresas que están discriminando”, explicou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.