En Vigo sí hay desahucios

Por o 18/01/2016 | Sección: Os Ninguéns,PAH Vigo,Social,Vigo
En Vigo sí hay desahucios

As organizacións abaixo asinantes concentrámonos hoxe indignados, avergoñados e profundamente preocupados porque no día de hoxe desenvólvense dous xuizos máis de desafiuzamento por impago de aluguer. As dúas familias son veciñas de Vigo, do Calvario e de Teis, e xa teñen data de lanzamento para dentro de tres días, xoves día 21 desta semana. Hoxe se intentará conseguir un pequeno retraso desa data.

Estas persoas levan padecendo un drama familiar, como centos de familias de Vigo que non alcanzan a cubrir as súas necesidades básicas, porque o elevado índice de paro estáse a cronificar. Na cidade de Vigo hai familias con ingresos cero, con todos os seus membros parados, ou con algún dele traballando con contratos eventuais, chamados “basura”, por horas ou días, ou con ingresos das axudas institucionais como son as rentas de integración social de Galicia. Tamén con pensións non contributivas, RAIS, cheques sociais coxunturais… estas axudas andan arredor dos 400 euros mensuais, e os precios de mercado de aluguer rondan esa mesma cantidade.

As institucións públicas, concello de Vigo e Xunta de Galicia teñen competencias compartidas e coñecen a precaria situación que estamos a padecer veciñas e vecinos da nosa cidade, inda así manteñen uns servicios sociais de base que non teñen capacidade de dar respostas urxentes as urxencias sociais.

A ambas institucións, pídeselles que habiliten un protocolo urxente de actuación para estes casos. Que se acabe a incomunicación entre elas e deixen de usar esta problemática como arma partidaria para desacreditarse mutuamente: Xunta e concello teñen que traballar de forma conxunta para lograr unha vía de urxencia que poida proporcionar solucións estables a familias sen alternativa habitacional, para asegurarse de que ninguén na cidade quedará sen un teito.

Denunciamos públicamente o comportamento do alcalde don Abel Caballero por provocar nas persoas afectadas máis frustración, cansancio e dolor por sentirse enganados por promesas feitas públicamente que non se corresponden coa verdade.

No caso destes compañeiros, xa que dende o concello lles prometeu de maneira reitarada unha solución ESIXIMOS que se cumpra o compromiso e que a AMBAS familias reciban aloxamento nun piso municipal (xa que en Vigo o concello ten 15 pisos baleiros que poderían servir para paliar estas emerxencias): Abel Caballero, declarou tanto de forma privada como pública que ía solucionar ambos casos de desafiuzamento e en ambos os casos incumpriu a palabra dada sen ter en conta que estas familias xa están sometidas a suficiente presión, como para crearlles unhas expectativas de solución ao seu problema, mesmo publicándolo en prensa, para despois deixalos no esquecemento. Non podemos consentir que este tipo de actuación repítase, xa que o sr. Caballero declara cada vez que ten oportunidade que na nosa cidade NON hai desafiuzamentos porque el os soluciona.

Necesitamos que se recoñeza esta situación, se encare e se afronte traballando nas medidas necesarias para cambiar esta realidade, e sen insistir en ocultar o problema ou prometer solucións que non existen e só aumentan a dor e a confusión dos afectados.

A data de lanzamento para estas familias de Vigo está programada para dentro de tres días, polo que o día 21 (xoves) convocamos unha xornada de loita con unha concentración na farola de Urzaiz de  16:30 da mañán as 19:30 horas, pasaremos alí o día con tendas de campaña e rematando cunha reflexión sobre o que está acontecendo.

Seguimos a esixir un consorcio de vivendas sociais en réxime de aluguer para persoas en paro, enfermas ou con prestacións económicamente insuficientes.

Non permitamos que se estenda o pánico de non ter dereito a unha vivenda digna e non descansaremos ata que se mude esta insoportable situación. Por unha solución para todas.

PRENSA PAH VIGO-TUI-BAIXO MIÑO / RSP VIGO / OS NINGUÉNS