A Plataforma Ence fóra volve a convocar unha nova mobilización.

4 de Xuño móvete pola Ría.
Publicado por o día 26/05/2016 na sección de Eventos,Galicia,Medio Ambiente,Pontevedra,Protestas,Salud,Vigo

A Plataforma Ence fóra volve a convocar unha nova mobilización.

A Ría de Pontevedra atravesa unha situación preocupante polo grado de contaminación das augas, que non cumpren os obxetivos de calidade establecidos na lexislación para augas de cultivos mariños e para augas de baño poñendo en perigo a actividade dos sectores que teñen nestas actividades o seu medio de vida. E son moitas as fontes responsábles desta contaminacón, de forma particular o falta dunha depuración axietada das augas residuais de orixe doméstica e a presenza do complexo ENCE-LINORSA, o que se traduce -en ámbolos casos- na existencia dunha forte carga de materia orgánica e bacterias coliformes fecais.

Faise necesario eliminar todos os vertidos directos á Ría e aos Ríos que a conforman, separar definitivamente as augas fecais das pluviais, impedindo a chegada destas últimas ás estacións EDAR, estender a rede de depuradoras a todas as aglomeracións urbanas da Ría, adaptándoas ás necesidades reais de depuración e asegurando a calidade esixida para as augas de baño e cultivos mariños.

A recente concesión por parte do goberno en funcións do PP dunha prórroga de 60 anos á empresa ENCE, supón un duro golpe ás posiblidades de saneamento da Ría e a hipoteca do futuro da comarca, que verá imposibilitada a recuperación dos recursos naturais, das praias urbanas de Pontevedra, da saúde e calidade de vida das persoas e a creación de emprego, que ten que vir da man da expltación racional dos recursos naturais (pesca, marisqueo e monte) e turisiticos. Pero non debemos esquecer tampouco o impacto que tería a permanencia de ENCE en Lourizán sobre o monte galego da man da eucaliptización, un proceso contrario á biodiversidade e a un mundo rural vivo e que favorece os incendios forestais.

É fundamental revogar esta prórroga como o é conseguir que saneamento integral da Ría chege a bo porto, un obxetivo que pasa por intensificar a mobilización social. Neste contexto, chaman a poboación da comarca e ao conxunto da cidadanía galega a mobilizarse pola Ría camiñando o 4 de xuño desde Marin e Pontevedra ata a fábrica de ENCE e a participar na festa-polbada que terá lugar ao remate na Praza de Os Praceres.

A Plataforma Ence Fóra e a Federación Ecoloxista Galega máis Asociación Pola Defensa da Ría combocantes nesta mobilización din: “SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA! NON Á EUCALIPTIZACIÓN!”

Aos interesados e interesadas aquí nesta ligazón atoparan o evento creado en facebook