Encontran falecida a unha muller que desapareceu o pasado venres en Vimianzo

Publicado por o día 19/11/2018 na sección de Sucesos

Encontran falecida a unha muller que desapareceu o pasado venres en Vimianzo

Os servizos de emerxencias atoparon sen vida esta mañá a unha muller que se encontraba en paradoiro descoñecido desde o pasado venres, na parroquia de Baíñas, en Vimianzo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o achado produciuse nun regato da mesma parroquia onde fora vista por última vez.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia da desaparición da muller esta madrugada e, nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia activaron un operativo de busca que estivo coordinado pola Garda Civil e no que participou a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.