Encontro Comarcal de En Marea no Val Miñor

Publicado por o día 19/12/2017 na sección de En Marea,Eventos,Galicia,Nigrán,Política

Encontro Comarcal de En Marea no Val Miñor

Este xoves, 21 de decembro, as mareas municipalistas Eu Son de Baiona, Nigrán Decide e Gondomar Concello Aberto organizan un Encontro Comarcal de En Marea para presentar unha alternativa para un territorio vivo, sen lumes, en verde, con futuro, contando coa presenza de Luís Villares, voceiro de En Marea.

O Encontro comezará ás 20:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa mesa redonda “Aprender dos erros. O sistema de emerxencias e a extinción dos lumes forestais”, con Tereixa Otero Dacosta, veciña de Gondomar, Héctor Rodríguez Mondelo, Bombeiro no Aeroporto de Lavacolla, e Davide Rodríguez Estévez, Bombeiro Forestal e deputado de En Marea.

Ás 20:30, Víctor Álvarez García, Técnico da Consellería do Medio Rural, falará sobre a valorización do monte fronte o abandono da terra, e ás 21:00 horas, Paula Quinteiro Araújo e Luís Villares, deputada e voceiro de En Marea respectivamente, expoñerán as iniciativas do seu grupo para un territorio vivo.

Un debate moderado por Marta Alonso Rodríguez, enxeñeira forestal e veciña de Gondomar, pechará a xornada.