Encontro cultural da Acampada contra a Pobreza na Asociación de Veciños Rosalía de Castro da Salgueira

Publicado por o día 19/10/2017 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Encontro cultural da Acampada contra a Pobreza na Asociación de Veciños Rosalía de Castro da Salgueira

A Acampada contra a Pobreza está a organizar cada venres encontros culturais, onde artistas comprometidos amosan o seu apoio á loita contra a miseria na nosa cidade. As súas armas son a música, a poesía, a danza, a performance, o teatro, a maxia… O obxectivo destes encontros é visibilizar as reivindicacións da Acampada, así como ir preparando eventos culturais máis grandes para o mes seguinte, dentro da campaña #TomemosNovembro.

O próximo encontro cultural terá lugar este venres 20 de outubro de 19:30 a 22:00 na Asociación de Veciños Rosalía de Castro da Salgueira, na rúa Lourido s/n, moi preto do parque de Castrelos.

Animámosvos a todos a pasarvos por alí a gozar das actuacións e a demostrar que somos moitos os que queremos que cambien as cousas na nosa cidade. Xa chega o inverno, e son moitas as persoas que o pasarán sen calefacción ou, moito peor, na rúa. Algunhas pode que non cheguen á primavera. Temos que presionar aos responsables políticos, e temos que facelo xa. Vémonos o venres!

Máis información na páxina de Facebook da Acampada contra a pobreza Vigo: https://es-es.facebook.com/Acampada-contra-a-pobreza-Vigo-1861002587518671/