Encontro de traballo das Mareas Cidadás da Comarca e Área Metropolitana

Publicado por o día 01/05/2015 na sección de Esquerda Unida,Marea Vigo,Política

Encontro de traballo das Mareas Cidadás da Comarca e Área Metropolitana

Este sábado 2 de maio terá lugar un Encontro de Traballo das distintas Mareas Cidadás da Comarca de Vigo e Área Metropolitana, sobre diversos temas de interese para os nosos concellos (como transporte metropolitano, rede ferroviaria, ampliación da AP9, deputación, etc.).

Ao finalizar o mesmo, se presentarán as conclusións nun acto público, no que intervirán as candidatas/os á alcaldía das candidaturas participantes.

O acto será ás 20:00h no Salón de Actos do Colexio de Arquitectos de Galicia, na Praza do Pobo Galego (detrás da Porta do Sol) en Vigo.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO