Encontros Veciñais cos representantes políticos

Publicado por o día 27/11/2014 na sección de Asoc. Vecinos Novo Vigo,Social

Encontros Veciñais cos representantes políticos

Esta semana a Asociación de Veciños Novo Vigo do Pau de Navia, continúa cos encontros veciñais cos políticos e forzas sociais, deixando claro que esta Asociación carece de cor político e o que crea son espazos abertos na que teñan cabida todos os partidos políticos sen excepción, e, que a iniciativa destes encontros xorde dende a mesma Asociación, sen pretensión política algunha, para procurar un achegamento da cidadanía aos políticos aínda que nalgúns casos parecese que xorde ao revés.

Os Encontros cos veciñ@s é un espazo de diálogo co que pretendemos que os veciños do barrio aporten propostas, e achéguenllelas aos representantes políticos, xa que son, os propios veciños, os que coñecen as carencias e necesidades do mesmo.

Queremos que as propostas, peticións e experiencia dos veciñ@s sexan consideradas e poidan concretarse en puntos reais. É unha iniciativa que busca o lado positivo, mellorar o PAU de Navia e que os representantes políticos teñan unha perspectiva deste dende a mirada dos seus habitantes.

Buscamos crear un futuro ilusionante para un dos barrios mais xóvenes e poboados de Galicia. Celebraranse os xoves ás 20:30h e os sábados as 20:00h.

Este xoves día 27 de novembro as 20:30h, contaremos coa presenza dos representantes do Partido Popular. Seguiremos actualizando datas.

Todolos encontros celébranse no local da Asociación veciñal, e aquelas persoas que queiran participar pero non poidan asistir a reunión poden achegar as súas propostas por email: [email protected] ou no teléfono 688936213.

Prensa Asociación de veciños Novo Vigo