Encontros Veciñais con representantes políticos

Publicado por o día 19/11/2014 na sección de Asoc. Vecinos Novo Vigo,Social

Encontros Veciñais con representantes políticos

A asociación veciñal Novo Vigo do Pau de Navia, o longo dos meses de novembro e decembro, desenrola os primeiros encontros veciñais cos políticos.

Os Encontros cos veciñ@s é un espazo de diálogo cos representantes de distintos partidos políticos. Pretendemos crear un punto de reflexión onde os residentes do barrio que coñecen as carencias e necesidades de Navia as acheguen os representantes políticos de toda índole, para facer un barrio mellor a curto, medio e longo prazo.

A idea é que as propostas , peticions e experiencia dos veciñ@s poidan concretarse en puntos concretos e reais. É unha inicitiva que busca o lado positivo, mellorar o Pau de Navia e que os representantes políticos teñan unha perspectiva do mesmo dende a ollada dos seus habitantes.

Buscamos crear un futuro ilusionante para un dos barrios mais xovenes de Galicia, e así foi entendido por todalas forzas políticas que responderon inmediatamente o noso chamamento.

Partidos como PP, Podemos, IU, a Marea, UPyD, o partido da Terra, BNG, confirmaron xa a sua participación, e continuamos recibindo respostas do resto de forzas políticas.

Os primeiros encontros celebranse o día 20 de novembro que contaremos coa presencia dos representantes de Esquerda Unida ás 20:30 horas e o sábado 22 de novembro con Podemos ás 20:00 horas. Todolos encontros celebranse no local da Asociación veciñal e esperan contar ca participación dos veciños e veciñas de Navia.

Aquelas persoas que queran participar pero non podan asistir a reunión poden achegar as suas propostas por email: [email protected]

PRENSA ASOC. VECIÑOS NOVO VIGO