Enfermeiras en Loita de Vigo: “O noso rexeitamento ó abuso”

Publicado por o día 11/12/2020 na sección de Salud,Sanidad,Social

Enfermeiras en Loita de Vigo: “O noso rexeitamento ó abuso”

Dende ENFERMEIROS EVENTUAIS EN LOITA queremos facernos oír con respecto ó artigo publicado a día de hoxe 10/12/20 no faro de Vigo, ó por no punto de mira os enfemeiros como responsables e culpables da incapacidade e incompetencia do Sergas para xestionar o persoal do que dispón. Tamén queremos remarcar a falta de profesionalidade por parte do Faro de Vigo por
non contrastar a información recibida e deixar que os sanitarios que tanto se aplaudían na primeira oleada como viláns agora na segunda.

Faise referencia que máis da metade da lista de contratación está non dispoñible, sen diferenciar que parte desa metade está traballando en centros sanitarios privados, en outras comunidades autónomas con máis estabilidade e mellores condicións, en outras profesións ou no estranxeiro. Destacan que hai persoal non dispoñible por maternidade ou adopción, unha problemática favorecida pola obligación á suspensión de chamamento ante a imposibilidade de conciliar a vida persoal coa laboral. Fan entrever que non queremos traballar ou estar dispoñibles para atender o cidadán, cando os que estamos nas listas estámolo facendo dende o primeiro momento a pesar das condición laborais que nos impón o Sergas, coa incertidumbre de onde vas a traballar e incluso encadeando contratos de maneira indefinida . Esta mala xestión e a falta de persoal fai que se fagan horas extraordinarias e incluso se dobren turnos, éste problema agudizouse coa pandemia e era unha cuestión de tempo que a situación se desbordase, debido a que xa hai tempo que non se cubren tódalas plazas dos profesionais da saúde que se xubilan.

Con respecto ó plan de continxencia anunciado pola Xunta, onde supostamente se melloran as nosas condición laborais, querémosvos facer coñecedores das súas condicións. É un contrato que nos dan a firmar en branco sen saber en que servizo, centro ou localidade imos traballar e coa reserva de poder modificalo, todo ésto segundo ás circunstancias e ás necesidades do momento.

Para esclarecelo, queredes ser tratados por persoal ó que non se lle da formación e cos que andas movendo dun lado para outro co estrés que supón e sen os pertinentes descansos? Queredes que vos atenda unha persoa que estivo na unidade de infecciosos o día anterior sendo pacientes oncolóxicos? Queredes que vos atenda alguén na UCI sen idea sabendo, que xente con experiencia
está nun centro de saúde? Queredes que atenda ós vosos fillos sen ter a oportunidade de afacerme coas diferenzas e particularidades que o seu coidado requiren? Queredes que vos atenda unha
enfermeira de quirófano que nunca antes viu esa cirurxía? Queredes que vos atenda en urxencias alguén que non sabe o funcionamento destas? Éstas preguntas tradúcense nunha merma da
calidade asistencial e na continuidade de coidados, sabendo que profesionais adscritos a listas especiais como urxencias, uci/rea, quirófano, pediatría etc. están traballando en outras áreas nas
que non teñen tanta experiencia. Queremos remarcar que a todo isto non se lle chama estabilidade nen mellora das condicións, senón máis precariedade da que había en anos anteriores. O Exposto pódese solucionar dando contratos estables, sacando a oposición as prazas que realmente están vacantes nos hospitais e non parcheando para saír do paso.

A modo de reflexión: se estiveras buscando traballo no que che ofrecesen un contrato no que o teu lugar de traballo, centro e incluso localidade poden variar en cuestión de horas. Sen sabelas quendas e incluso a función que farías ¿FIRMARÍALO?

CON TODO ISTO COMO DI O FARO DE VIGO NON REXEITAMOS TRABALLAR, SÓ RECLAMAMOS UNHAS CONDICIÓN DIGNAS DE TRABALLO NADA MAIS.

Comentar noticia

Your email address will not be published.