Enfermeiras Eventuais en Loita comunica

Publicado por o día 08/11/2019 na sección de Sanidad,Social

Enfermeiras Eventuais en Loita comunica

Comunicado

Como cada 12 de cada mes anunciamos unha nova loita dentro do noso programa 12 meses, 12 loitas. Tiñamos xa decidido o motivo dende fai tempo e estábamos a piques de sacar os carteis para anunciala cando se produciu unha situación lamentable, que moitos coñeceredes. A nosa compañeira Alba de EEEL saiu na televisión estatal falando da nosa realidade, da precariedade á que estamos acostumados, e de que o SERGAS non fai nada por mellorar as nosas condicións laborais. Pois ben, o xerente do Sergas non tivo outra idea millor para intentar rebatir a intervención de Alba que chamarlle públicamente mentirosa, sacando datos falsos sobre a súa vida laboral e vulnerando o dereito á súa intimidade.
É por isto, que este 12 de Novembro o imos adicar á precariedade laboral e a Alba, porque o dela non é un caso illado, porque é o día a día de miles de eventuais que traballamos para o Sergas.
Non podemos permitir que a administración xogue así coas nosas vidas nin coa saúde dos nosos pacientes e por riba nos intente deixar de mentirosos por atrevernos a dar a cara, e polo tanto queremos mostrar a nosa máis fervente repulsa ante estas declaracións.
Recordade que temos unha cita vestidos de negro ou cun laciño negro en sinal de loito diante dos hospitais públicos e centro de saúde da Galiza o martes 12 de Novembro ás 12 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.