Enredos de Nadal 2017

Publicado por o día 18/12/2017 na sección de Cangas,Galicia

Enredos de Nadal 2017

O Concello de Cangas, a través das Concellarías de  Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado, organiza o programa “ENREDOS DE NADAL 2017”, que ten coma obxectivos principais:

  • Fomentar a igualdade de oportunidades
  • Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.
  • Potenciar un modelo de sostibilidade social.
  • Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
  • Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.
  • Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos vacacionais, tendo en conta a perspectiva de xénero.

Dirixido a: Nenos/as de 3 a 12 anos .

  • Grupo de 3-6 anos
  • Grupo 7-10 anos
  • Grupo 11-12 anos

Datas:

  • 1ª quenda: 26/27/28/29
  • 2ª quenda: 2/3/4/5
  • Actividade completa: 26/27/28/29 decembro e 2/3/4/5 de xaneiro

Horarios:

Actividades:  9:00 – 14:00   –   Comedor 14:00-16:00 h

Actividades a desenvolver: 

Talleres, xogos cooperativos,dinámicas de grupo, comedor.

Lugares:    Ceip Nazaret  // Ceip Espiñeira-Aldán

Prezo:  Actividades de mañá: 20 €/semana

            Actividades de mañá + comedor: 36 €/semana

Inscrición: ata o 19 de decembro

Información e inscrición: Casa da Xuventude.  Rúa Real, 29. 

Teléfono 986392171

 

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade tamén porá a disposición da veciñanza de Cangas  axudas para  unidades familiares que por escaseza de recursos económicos non poden afrontar o custo das actividades de verán. Para máis información dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social (986392266).