Enrique Alonso Rodríguez, secretario da Sección Sindical de CCOO do Concello de Vigo fala sobre o servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Vigo

Publicado por o día 02/12/2020 na sección de CC.OO,Galicia,Sindicatos,Vigo

Enrique Alonso Rodríguez, secretario da Sección Sindical de CCOO do Concello de Vigo fala sobre o servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Vigo

Dende a sección sindical de CCOO no Concello de Vigo querernos manifestar publicamente o noso apoio e adhesión formal á Folga indefinida que xa fora convocada o día 2 de agosto de 2019 polas seccións sindicais de CIG e CUT no Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Vigo (SPEIS), e cuxo inicio estaba previsto para o día 14 daquel mesmo mes e ano.

Dito o anterior, consideramos igualmente obrigado informar, especialmente aos empregados dese servizo, cales son as razóns que nos levan a secundar agora a folga convocada, explicándolles tamén os motivos de porqué nono fixemos naquel momento.

Certamente, esta sección sindical sostivo -e segue crendo niso- que o momento no que se formalizou a convocatoria da Folga pecou, posiblemente, de prematuro. En efecto, entendíamos daquela que o actual equipo de goberno municipal acababa de tomar posesión no seu mandato corporativo traía celebración das eleccións de 2019 e merecía, por tanto, dunha mínima mane temporal de confianza e de cortesía institucional para poder manifestarnos a súa predisposición a solucionar os múltiples problemas organizativos do SPEIS. Ao mesmo tempo, considerabamos que os motivos formais que os promotores da folga invocaban na súa convocatoria non resultaban o suficientemente concretos para identificar todas e cada unha das múltiples carencias que precisaban ser atendidas polos mandatarios municipais en relación a ese servizo.

Porén, o devir dos acontecementos vividos ao longo de case ano e medio de mandato corporativo evidencian a necesidade de sumarmos á folga convocada. Así, e considerando (1) a absoluta falta de predisposición da Concellería delegada para asumir, baixo a debida lealdade, un proceso de diálogo cos axentes sociais, (2) a prepotencia institucional amosada respecto das múltiples propostas e iniciativas presentadas por todas as forzas sindicais para corrixir os problemas existentes no SPEIS, (3) a total ausencia de empatía do goberno municipal co sufrimento ocasionado nos funcionarios do servizo tralo ilegal establecemento dun inxusto réxime de reforzas que foi imposto, unilateralmente, desde a Concellería de seguridade (4) a absoluta ausencia de eficiencia e capacidade política para acadar a menor solución ante os problemas organizativos e estruturais do SPEIS, e (5) o manifesto propósito dos máximos responsables corporativos por demorar o inexorable cumprimento das múltiples sentenzas xudiciais recaídas en relación ao servizo, entendemos que existen, neste momento, motivos dabondo para manifestar publicamente o noso profundo rexeitamento fonte a xestión deste goberno municipal e, tamén, para considerar que ese rexeitamento debe canalizarse mediante a lexítima expresión do dereito constitucional á Folga. Dereito que, por certo, foi obstaculizado polo ilegal Decreto da Alcaldía de data 9 de agosto de 2019, igualmente invalidado por dúas sentenzas xudiciais da orde contencioso administrativa.

Nesta orde de circunstancias rexeitamos igualmente as recentes declaracións do Señor Alcalde polas que viu afirmar, ante os medios de comunicación, que a folga no servizo de Extinción de Incendios «acabou fai anos». Lonxe de acabar, Señor Alcalde, o certo é que aínda non comezou, porque foi precisamente esa Alcaldía quen decidiu declarar (de maneira ilegal) a todos os funcionarios do SPEIS en situación de servizos mínimos para impedirlles a materialización do seu dereito constitucional á Folga.

Enrique Alonso Rodríguez

Comentar noticia

Your email address will not be published.