Ensanche do camiño de Chaín de Arriba como mellora da seguridade viaria

As obras permiten gañar metro e medio nun tramo duns 100 metros
Por o 29/01/2019 | Sección: Galicia,Ponte Caldelas
Ensanche do camiño de Chaín de Arriba como mellora da seguridade viaria

O paso dos vehículos pola pista principal de Chaín de Arriba é dende hoxe máis sinxelo e máis seguro. O Concello vén de rematar as obras de ensanche nun tramo de 100 metros situado entre a Casa do Pobo e a igrexa.

As obras foron posibles gracias á colaboración dun veciño que cedeu a superficie necesaria para o retranqueo do muro municipal de sostemento da estrada. O novo muro, que quedou rematado en pedra, situouse metro e medio máis atrás que o anterior, facendo posible deste xeito o cruzamento de dous vehículos. Unha necesidade moi demandada pola veciñanza.

O Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) destaca que nesta zona é frecuente o paso de camións pois hai varios veciños con maquinaria. Ademais, dá acceso ao adro da igrexa de Chaín, onde se celebran diversos eventos ao longo do ano, polo que era necesario dispor dunha maior sección.

As obras incluíron tamén o traslado dun poste do servizo telefónico e a limpeza e perfilado da beira oposta da pista municipal, polo que a seguridade viaria quedou moi mellorada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.