Entrada inmediata de Noemí na prisión de A Lama, vítima de violencia machista

Publicado por o día 29/08/2017 na sección de Galicia,Vigo

Entrada inmediata de Noemí na prisión de A Lama, vítima de violencia machista

A Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo informou de que unha muller que nunha liorta co seu compañeiro, lle deu malleiras durante 15 anos e incluso lle clavou unha navalla.

Esta muller rehabilitouse e reorganizou a súa vida pero 10 anos despois sae a sentenza cunha condena de 4 anos, condena desprorcionada se temos en conta as penas que lle impoñen aos condenados por violencia de xénero.

Desde a Rede de Mulleres non disculpan a súa agresión “pero 10 anos despois lle comunican que o día 1 de setembro ingresa no cárcere da Lama. Unha vez máis a xustiza comete atropellos coas mulleres, de que serve agora seu ingreso en prisión? Paralizar agora a súa vida despois de tanto traballo suporía un delito moito maior co que cometou.”

Actualmente este moza ten un emprego, informes favorables da empresa, compañeiras de traballo, psicólogas; conseguiu sair desa perigosa relación e comezar unha nova vida con moito esforzo e terapia. “Nos xulgados non teñen nada en conta; é vítima da violencia outra vez. Ela está desesperada, incluso tememos que pase calquera cousa, tenlle pánico a entrar no cárcere, ademáis na mesma que está él por outros delitos”.

Desde a Rede de Mulleres contra o maltrato senten moita impotencia, non ven moverse case que ninguén por este tema tan grave, despois de avisar a todas as organizacións e que poucas se puxeran en contacto con elas.

Desde a Rede de Mulleres animan a loitar polo seu INDULTO E SUSPENSIÓN DA PENA. As revendicacións están documentadas, se esta muller entra agora no cárcere arruinanlle a vida, perderá a confianza nas persoas que podemos axudala e será un dano irreparable.

Deixamos o enlace de change.org para firmar a petición de indulto. Necesita a nosa participación, lle faltan 700 para chegar ás 2.500 firmas.