Entrega de diplomas do curso Artesanía en Coiro organizado pola asociación Mulleres do Rural do Tea de Ponteareas

O obradoiro enmárcase no programa Conectadas da Deputación de Pontevedra
Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Galicia,Ponteareas

Entrega de diplomas do curso Artesanía en Coiro organizado pola asociación Mulleres do Rural do Tea de Ponteareas

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, e a deputada provincial Olga García, entregaron os diplomas do curso “Artesanía en Coiro” impartido no Centro Artístico Sportivo no marco do programa Conectadas da Deputación Provincial e organizado pola asociación de Mulleres do Rural do Tea de Ponteareas.

O programa “Conectadas” ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuir a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.

Neste programa poderán participar todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.