A entrega xoguetes da campaña “cada neno un xoguete” aproxímase, informate aquí

A campaña “cada neno un xoguete” entrega a partir deste luns 18 e ata o 23 de decembro os xoguetes doados polo pobo de Vigo na súa Nave situada na Rua Veiguiñas 32 en Alcabre en horario de 16:30h a 20:30h
Publicado por o día 16/12/2017 na sección de Galicia,Vigo

A entrega xoguetes da campaña “cada neno un xoguete” aproxímase, informate aquí

A campaña “cada neno un xoguete” entrega a partir deste luns 18 e ata o 23 de decembro os xoguetes doados polo pobo de Vigo na súa Nave situada na Rúa Veiguiñas 32 en Alcabre en horario de 16:30h a 20:30h.

Este ano a participación foi excepcional do mesmo xeito que o pasado ano no que se recolleron case 10.000 xoguetes. Na Nave esperan xa para ser entregados aproximadamente uns 5000 xoguetes xa preparados, revisados, limpados e probados e seguen chegando.

A entrega paralizásese o día 23 e renóvase o día 26 ata o 4 de xaneiro coa entrega para Reis.

A persoas interesadas en colaborar pode seguir levando os xoguetes aos 15 puntos de recollida situados en establecementos comerciais de Vigo, Gondomar e Moaña. A información da situación dos puntos de recollida poderá verse no grupo de Facebook “Cada niño un juguete” ou chamando aos tfnos 986492190 ou 622 220 859.

O ano pasado beneficiáronse desta campaña máis de 2500 persoas que se achegaron ata a Nave coa súa carilla de paro, nomea baixa, pensión, risga, etc e co libro de familia e 11 asociacións e colectivos da nosa cidade, a provincia e mesmo de Coruña e Ourense.

A organización agradece a establecementos colaboradores, patrocinadores e puntos de recollida a súa colaboración e aos amigos de Elite Taxi que se encargaron da recollida dos puntos situados en Vigo e Gondomar. Este ano do mesmo xeito que o anterior sumáronse a Universidade de Vigo, o campus de Pontevedra da man do coñecido docente Jorge Soto e o colexio de arquitectos de Vigo.

Ademais o Club de Atletismo Real Club Celta de Vigo durante o seu trofeo de Nadal que se celebrará o día 23 de decembro recollerá xoguetes para esta campaña. O xogador do Celta de Vigo Iago Aspas sumouse tamén este ano aos coñecidos padriños da campaña que todos os anos colaboran nela xunto ás xornalistas do programa Ponche a Proba Mar Montero, Sara Gil e Susana Pérez.

Para esta semana próxima espérase a visita á Nave da presidenta do PP de Vigo Elena Muñoz que compartirá con organizadores e voluntarios unha xornada de traballo.

Nin o Concello nin o alcalde de Vigo (a pesar de que a concelleira ISAURA Abelairas forma parte do elenco de padriños a nivel persoal) colaboran nela e ignoran a esta campaña que xa entregou máis de 22.000 xoguetes nestes últimos 7 Anos a pesar de que as asistentas sociais, o 010 e diversas asociacións envían persoas a recoller xoguetes á Nave e o programa de intervención familiar dependente do Concello tamén solicitou Xoguetes para algunhas familias tuteladas por eles.

A organización denuncia o baleiro que se lles fixo desde o Concello nestes 8 anos e esperan a súa axuda en próximas edicións, aínda que xa perderon a fe niso.

A organización con Carlos Leiro e a Asociacion STOP á cabeza agradecea os medios de comunicación a súa colaboración e desexa a todos a Viguesa un bo nadal e que todos os nenos poidan gozar dela.