Entregados os premios aos mellores lectores da Biblioteca Pública Municipal da Guarda no ano 2018

Publicado por o día 14/01/2019 na sección de A Guarda,Galicia

Entregados os premios aos mellores lectores da Biblioteca Pública Municipal da Guarda no ano 2018

Co gaio do Día do Usuario/a das Bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública Municipal da Guarda agasallou aos tres lectores que máis libros leron no ano 2018 nas categorías xuvenil, infantil e adulto.

O pasado sábado día 12 de xaneiro, os lectores premiados recibiron da man da Concelleira de Cultura e Educación, Elena Baz, un lote de libros adaptados ao seu perfil lector, incentivando e promovendo unha vez máis a cultura da lectura entre a cidadanía guardesa.

Premiados/as:

  • Categoría adulto: María del Carmen Filgueira Alonso
    Categoría xuvenil: Pablo Martínez Da Silva
    Categoría infantil: Andrea González Alonso